Louise Elizabeth Felicite Pourra de la Madeleine du Pierry, nada en 1746 e finada en 1789, foi unha astrónoma francesa e, segundo as crónicas oficiais, foi a primeira muller que se recolle que foi profesora na Sorbona de París: en 1789 impartiu cursos públicos de astronomía para mulleres na Sorbona -Cours d astronomie ouvert pour les dames et mis à leur portée-. Estudou astronomía con Joseph-Jérome Lalande, director do observatorio de París, quen lle chegou a adicar o seu libro "Astronomie des dames" (1790) -no que se recopilaban os cursos impartidos en 1789- afirmando que:«... elle représente un modèle pour toutes les femmes à cause de ses hautes qualités intellectuelles. »"...ela representa un modelo para tódalas mulleres debido ás súas altas cualidades intelectuais".

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Posdcast sobre Louise du Pierry realizado dentro do proxecto "Ella es una astrónoma" con motivo do Ano Internacional da Astronomía 2009 (AIA-IYA 2009).

Outros artigos A ciencia ten nome de muller (en Wikibooks)

Categoría:Nados en 1746 Categoría:Astrónomos de Francia Categoría:Finados en 1789