Jeanne Dumee, finada en 1706, foi unha astrónoma francesa.
Traxectoria Manifestou pronto o seu gusto pola ciencia. Casou nova e quedou viúva ós dezasete anos, dedicándose entón á astronomía. Escribiu Discusión da opinión de Copérnico sobre o movemento da Terra (1680), que non chegou a editarse e se conserva manuscrito na Biblioteca Nacional Francesa. Nel expón as ideas de Galileo e Copérnico, declarándose en cambio partidaria das de Descartes.
Véxase tamén Outros artigos A ciencia ten nome de muller (en Wikibooks)
Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1660 Categoría:Finados en 1706 Categoría:Astrónomos de Francia