miniatura|400px|Todos os Premios Nobel gañados por mulleres O Premio Nobel outórgano anualmente a Real Academia das Ciencias de Suecia, a Academia Sueca, o Instituto Karolinska e o Comité Noruegués do Nobel ás persoas que fan contribucións sobresaíntes nos campos da química, física, literatura, paz, fisioloxía ou medicina e economía. Todos os galardóns, excepto o premio de economía, foron instituídos acatando as indicacións do testamento de 1895 de Alfred Nobel, que ademais sinala que os premios deben ser administrados pola Fundación Nobel. O Premio Nobel de Economía, ou Premio do Banco de Suecia en Ciencias Económicas en memoria de Alfred Nobel, foi establecido en 1968 polo Banco de Suecia, que é o banco central deste país, para as contribucións sobresaíntes no campo da Economía.

Cada premio é outorgado por un comité independente; así, a Real Academia das Ciencias de Suecia entrega os premios de Física, Química e Economía; a Academia Sueca entrega o premio de Literatura; o Instituto Karolinska entrega o premio de Fisioloxía ou Medicina; e o Comité do Nobel entrega o premio da Paz. Cada receptor obtén unha medalla, un diploma e un premio en efectivo que variou ao longo dos anos. En 1901, os gañadores dos primeiros Premios Nobel recibiron 150 782 coroas suecas, o que equivale a 8 192 489 coroas suecas a decembro de 2013. Entre 2001 e 2011, os anos en que se entregaron os premios de maior contía, os gañadores foron premiados con 10 millóns de coroas suecas, e a partir do 2012 con 8 millóns. Os premios son entregados en Estocolmo (Física, Química, Fisioloxía ou Medicina, Literatura e Economía) e Oslo (Paz) nunha cerimonia anual celebrada o 10 de decembro, aniversario da morte de Nobel.

A data de 2018, o premio foi outorgado a 853 homes, 51 mulleres e 24 organizacións. Entre as mulleres gañadoras do Premio Nobel, a primeira foi Marie Curie, quen gañou o de Física en 1903 xunto ao seu marido Pierre Curie e Henri Becquerel. Marie Curie tamén a única muller que gañou o Premio Nobel en máis dunha ocasión, xa que en 1911 gañou o de Química. A súa filla, Irène Joliot-Curie, gañou o de Química en 1935, polo que son a única parella de nai e filla que gañaron esta distinción. Dezasete mulleres gañaron o Premio Nobel da Paz, trece o de Literatura, once o de Fisioloxía ou Medicina, cinco o de Química, tres o de Física e só unha muller o de Economía. 2009 foi o ano en que máis mulleres resultaron gañadoras do premio, cun total de cinco mulleres premiadas nese ano.

Gañadoras Ano Imaxe Premiada País Categoría Motivación 1903 75px <small>(compartido con Pierre Curie e Henri Becquerel) Física «En recoñecemento aos extraordinarios servizos que prestaron coas súas investigacións conxuntas sobre os fenómenos da radiación descuberta polo profesor Henri Becquerel». 1905 75px 20px Imperio Austrohúngaro Paz Presidenta honoraria da Oficina Internacional pola Paz, Berna, Suíza. Autora de Lay Down Your Arms. 1909 75px Literatura «En recoñecemento ao elevado idealismo, a vívida imaxinación e a percepción espiritual que caracterizan os seus escritos». 1911 75px Química Polo seu descubrimento do radio e do polonio. 1926 75px Literatura«Polos seus escritos inspiradamente idealistas, que con claridade plástica debuxan a vida na súa illa natal e que con profundidade e simpatía tratan os problemas humanos en xeral». 1928 75px Literatura «Principalmente polas súas poderosas descricións da vida dos nórdicos durante a Idade Media». 1931 75px (compartido con Nicholas Murray Butler) Paz Socióloga, pioneira do traballo social e o feminismo, presidenta da Liga Internacional de Mulleres pola Paz e a Liberdade. 1935 75px (compartido con Frédéric Joliot-Curie) Química «Pola súa síntese de novos elementos radioactivos». 1938 75px Literatura «Polas súas descricións ricas e verdadeiramente épicas da vida campesiña en China e polas súas obras mestras biográficas». 1945 75px Literatura «Pola súa poesía lírica que, inspirada por poderosas emocións, fixo do seu nome un símbolo das aspiracións idealistas de todo o mundo latinoamericano». 1946 75px (compartido con John Raleigh Mott) Paz Anteriormente profesora de Historia e Socioloxía, presidenta honoraria da liga Internacional de Mulleres pola Paz e a Liberdade. 1947 75px (compartido con Carl Ferdinand Cori e Bernardo Houssay) Fisioloxía ou Medicina «Polo seu descubrimento do proceso da conversión catalítica do glicóxeno». 1963 75px (compartido con J. Hans D. Jensen e Eugene Wigner) Física «Polos seus descubrimentos sobre a estrutura de capas nuclear». 1964 75px Química «Por determinar as estruturas de importantes substancias bioquímicas por medio de técnicas de raios X». 1966 75px (compartido con Samuel Agnon) Literatura «Pola súa destacada escritura lírica e dramática, que interpreta o destino de Israel con forza conmovedora». 1976 75px Paz Fundadora do Northern Ireland Peace Movement (Movemento pola Paz de Irlanda do Norte), despois renomeado Community of Peace People (Comunidade de Xente Pacífica). 75px Paz Fundadora do Northern Ireland Peace Movement (despois renomeado Community of Peace People) 1977 75px (compartido con Roger Guillemin e Andrew Schally) Fisioloxía ou Medicina «Polo desenvolvemento do radioinmunoanálises das hormonas peptídicas». 1979 75px Tareixa de Calcuta Paz Líder das Misioneiras da Caridade, Calcuta. 1982 75px (compartido con Alfonso García Robles) Paz Exministra do gabinete sueco, diplomática e escritora. 1983 75px Fisioloxía ou Medicina «Polo seu descubrimento dos elementos xenéticos móbiles». 1986 75px (compartido con Stanley Cohen) Fisioloxía ou Medicina «Polo seu descubrimento dos factores de crecemento». 1988 75px (compartido con James W. Black e George H. Hitchings) Fisioloxía ou Medicina «Polo seu descubrimento de importantes principios no tratamento con fármacos». 1991 75px Literatura «Quen a través da súa magnífica escritura épica -en palabras de Alfred Nobel- foi de gran beneficio para a humanidade». 75px Paz «Pola súa loita non violenta pola democracia e os dereitos humanos». 1992 75px Paz «En recoñecemento ao seu traballo pola xustiza social e a reconciliación etno-cultural baseada no respecto dos dereitos dos pobos indíxenas». 1993 75px Literatura «Quen en novelas caracterizadas pola súa forza visionaria e transcendencia poética, dá vida a un aspecto esencial da realidade estadounidense». 1995 75px (compartido con Edward B. Lewis e Eric F. Wieschaus) Fisioloxía ou Medicina «Polos seus descubrimentos sobre o control xenético do desenvolvemento embrionario temperán». 1996 75px Literatura «Pola poesía que con precisión irónica permite ao contexto histórico e biolóxico saír á luz nos fragmentos da realidade humana». 1997 75px (compartido coa Campaña Internacional para a Prohibición das Minas Antipersonais) Paz «Polo seu traballo para a prohibición e limpeza de minas antipersoais». 2003 75px Paz «Polos seus esforzos pola democracia e os dereitos humanos. Centrouse especialmente na loita polos dereitos das mulleres e os nenos». 2004 75px Literatura «Polo seu fluxo musical de voces e contravoces en novelas e obras teatrais que con extraordinario celo lingüístico revelan o absurdo dos clixés da sociedade e o seu poder subxugante». 75px Paz «Pola súa contribución ao desenvolvemento sustentábel, a democracia e a paz». 75px (compartido con Richard Axel) Fisioloxía ou Medicina «Polo seu descubrimento dos receptores olfactivos e a organización do sistema olfactivo». 2007 75px Literatura «Narradora épica da experiencia feminina, quen con escepticismo, ardor e poder visionario someteu unha civilización dividida ao escrutinio». 2008 75px (compartido con Harald zur Hausen e Luc Montagnier) Fisioloxía ou Medicina «Polo seu descubrimento do virus da inmunodeficiencia humana». 2009 75px (compartido con Carol Greider e Jack Szostak) Fisioloxía ou Medicina «Polo descubrimento de como os cromosomas son protexidos polos telómeros e a encima telomerase». 75px (compartido con Elizabeth Blackburn e Jack Szostak) 75px (compartido con Venkatraman Ramakrishnan e Thomas A. Steitz) Química«Polo estudo da estrutura e función dos ribosomas». 75px Literatura«Quen, coa concentración da poesía e a franqueza da prosa, describe a paisaxe dos desposuídos». 75px (compartido con Oliver E. Williamson) Economía«Pola súa análise do goberno económico, especialmente os bens comúns». 2011 75px Paz «Pola súa loita sen violencia pola seguridade das mulleres e o dereito da muller a participar plenamente no labor de consolidación da paz» 75px 75px 2013 75px Literatura «Mestra do conto contemporáneo» 201475px(compartido con John O'Keefe e Edvard I. Moser) Fisioloxía ou Medicina «Polos seus descubrimentos de células que constitúen un sistema de posicionamento no cerebro» 75px (compartido con Kailash Satyarthi) Paz«Pola súa loita contra a represión dos nenos e mozos, e polo dereito de todos os nenos á educación». 2015 75px (compartido con William C. Campbell e Satoshi Ōmura) Fisioloxía ou Medicina«Polos seus descubrimentos relativos a unha terapia novidosa contra a Malaria». 75px Literatura«Polos seus escritos polifónicos, un monumento ó sufrimento e coraxe no noso tempo». 201875px(compartido con Gérard Mourou e Arthur Ashkin)Física«Polo seu método de xerar pulsos ópticos ultracurtos de alta intensidade».75px(compartido con Gregory Winter e George Smith)Química«Pola evolución dirixida das encimas».75px(compartido con Denis Mukwege)Paz«Polos seus esforzos en poñer fin á violencia sexual como arma de guerra e conflito armado».75pxLiteratura«Por unha imaxinación narrativa que con paixón enciclopédica representa o cruzamento de fronteiras como forma de vida» 201975px (compartido con Abhijit Banerjee e Michael Kremer) Economía«Pola súa aproximación experimental para aliviar a pobreza global» Nobel Prize 2019 nobelprize.org2020Andrea M. Ghez (compartido con Roger Penrose e Reinhard Genzel)Física«Polo descubrimento dun obxecto compacto supermasivo no centro da nosa galaxia».75x75pxEmmanuelle CharpentierQuímica«Polo desenvolvemento dun método para a edición do xenoma».116x116pxJennifer Doudna100x100pxLouise GlückLiteratura«Pola súa inconfundible voz poética que con austera beleza fai universal a existencia individual».2021centro|senmarco|108x108pxMaria Ressa (compartido con Dmitry Muratov)Paz2022centro|senmarco|108x108pxCarolyn Bertozzi (compartido con Morten Meldal e K. Barry Sharpless)Químicacentro|senmarco|108x108pxAnnie ErnauxLiteratura2023centro|senmarco|106x106pxAnne L'Huillier (compartido con Pierre Agostini e Ferenc Krausz)Física«Polos seus experimentos, que proporcionaron á humanidade novas ferramentas para explorar o mundo dos electróns dentro dos átomos e moléculas».centro|senmarco|75x75pxKatalin Karikó (compartido con Drew Weissman)Fisioloxía ou Medicina«(as súas investigacións)... foron fundamentais para desenvolver vacinas eficaces de ARNm contra COVID-19 durante a pandemia que comezou a principios de 2020»centro|senmarco|103x103pxNarges MohammadiPaz«...pola súa loita contra a opresión das mulleres en Irán e pola súa loita por promover os dereitos humanos e a liberdade para todos».centro|senmarco|76x76pxClaudia GoldinEconomía«...proporcionou o primeiro relato completo dos ingresos das mulleres e da participación no mercado laboral ao longo dos séculos».2024centro|senmarco|113x113pxHan KangLiteratura«..pola súa intensa prosa poética que confronta traumas históricos e expón a fraxilidade da vida humana».2025Mary BrunkowFisioloxía ou MedicinaMaría Corina MachadoPaz

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Relación de premios Nobel

Categoría:Listas de personalidades Categoría:Premio Nobel