O Hospital El Bierzo ou Hospital O Bierzo é un centro sanitario da cidade española de Ponferrada (provincia de León, comunidade autónoma de Castela e León). Este hospital dá servizo á bisbarras do Bierzo e Laciana. Dispón de diversos servizos para que a zona estea asistida, pois o Hospital Universitario de León se encontra a unha media de 100 quilómetros de toda a bisbarra. Historia Até a década de 1990 a poboación estaba adscrita ao hospital de León. O 12 de novembro de 1994 o vicepresidente do Goberno de España Narcís Serra inaugurou o Hospital del Bierzo.

Características

O hospital dispón de 450 camas, unha unidade de coidados intensivos, dous ecógrafos, catro laboratorios, 40 locais de consulta, tres salas de partos, doce quirófanos, unha sala de reanimación, unha sala de xogos e diversos servizos.

O hospital dispón dun helicóptero que se utiliza para facer servizos vitais de urxencias en accidentes de estradas, en rescates de montaña ou para trasladar enfermos que non poidan ser tratados no hospital e teñan que trasladarse ao Hospital de León.

Accesos Pódese acceder en coche dende fóra da cidade pola saída 394 da Autovía do Noroeste ou pola Avenida de Galicia, e dende a cidade de Ponferrada coas liñas do TUP (Transporte Urbano de Ponferrada) L2, L5A, L5B, L6, L7, F1, F3 e FE que unen o hospital co centro urbano, a zona antiga na zona alta ou barrios coma Flores del Sil ou La Placa

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web

Categoría:O Bierzo