Escipión pode referirse a:

Escipión, un conde galego do século IX. Un apelido romano usado por unha rama da familia dos Cornelios. Os escipións eran aliados políticos tradicionais da rama dos Paulos, na familia dos Emilios. A tumba familiar, datada no século -III e redescuberta en 1780, contén unha das maiores coleccións de inscricións latinas, importante fonte de información sobre a antiga república romana.

Algúns Escipión famosos foron:

Lucio Cornelio Escipión, cónsul -350. Lucio Cornelio Escipión Barbado, cónsul -298. Cneo Cornelio Escipión Asina, cónsul -260, -254. Lucio Cornelio Escipión, cónsul -259. Cneo Cornelio Escipión Calvo, cónsul -222. Publio Cornelio Escipión, cónsul -218. Publio Cornelio Escipión o Africano, vencedor de Haníbal en Zama. Publio Cornelio Escipión Nasica, cónsul -191. Lucio Cornelio Escipión Asiático, cónsul -190. Lucio Cornelio Escipión, pretor -174. Publio Cornelio Escipión Nasica Corculum, cónsul -162, -155. Publio Cornelio Escipión Emilián o Africano Numantino ("Escipión o Novo"). Publio Cornelio Escipión Nasica Serapio, cónsul -138. Publio Cornelio Escipión, cónsul -16. Publio Cornelio Escipión, cónsul 52. Ser. Cornelio Escipión L. Saluidenus Orfitus, cónsul 149. Ser. Cornelio Escipión Saluidenus Orfitus, cónsul 178.