A Tebaida leonesa é unha rexión xeográfica situada ao sueste da bisbarra do Bierzo, na provincia de León, na que se estableceron, a partir do século IV, numerosos dos primeiros ermitáns cristiáns buscando o retiro para dedicarse á oración e a meditación. O nome, acuñado na época romántica, provén da similitude cos templos da antiga Tebas exipcia, tanto en cantidade coma en beleza e illamento, aínda que os desta fosen no deserto e estes se encontren rodeados dunha natureza exuberante.
miniatura|Vista sobre o val do río Oza.
Xeografía Abrangue os seguintes vales: Val do Oza, os vales de Compludo, Val de las Tejadas e Paradasolana, Val de Meruelo, Val do Real, Val de Montealegre (mosteiro de San Xoán de Montealegre) e outras aldeas próximas coma San Pedro Castañero no concello de Castropodame e as aldeas do sur do concello de Ponferrada que non atópanse no Val de Oza (Lombillo de Los Barrios, Salas de Los Barrios e Villar de los Barrios, Campo de Ponferrada, Otero de Ponferrada e San Lorenzo del Bierzo).
Ben de Interese Cultural miniatura|Cova de San Xenadio, un dos principais ermitáns da Tebaida leonesa.
Segundo o Real Decreto 1244/1969 declarouse «paisaxe pintoresca» á chamada «Teibada leonesa». Posteriormente foi incluído no catálogo de Bens Inmobles de Interese Cultural como «Sitio histórico».
Notas
O contido deste artigo incorpora material publicado no Boletín Oficial do Estado, que se encontra no dominio público de conformidade ao disposto no artigo 13 da Lei de Propiedade Intelectual española.
Véxase tamén Ligazóns externas Turismo de Castilla y León. Valle del Silencio
Categoría:O Bierzo Categoría:Historia de Castela e León Categoría:Espazos naturais de Castela e León