LEC foi un equipo e construtor de Fórmula 1 do Reino Unido. Participaron en dez Grandes Premios, cun March en . En construíron o seu propio coche, o LEC CRP1.
Fórmula Un
1973
En David Purley alugou un March 731 e co apoio da empresa de refrixeración da súa familia LEC Refrigeration, intentouno con pouco éxito na Fórmula Un. O equipo de Purley fixo o seu debut en Mónaco, onde rompéuselle o tanque de combustible. Purley non puido saír no GP do Reino Unido logo dun trompo. Foi no Gran Premio dos Países Baixos de 1973, onde pode dicirse que Purley realizou o seu acto máis memorable. Tras ser testemuña dun accidente que deixou ao piloto británico Roger Williamson atrapado no seu coche envorcado e ardendo, Purley abandonou a carreira e tratou de salvar a Williamson, que participaba na súa segunda carreira de Fórmula Un. Purley recorda que ao chegar á escena, oíu a Williamson pedindo axuda cando o lume comezaba a tomar forza. Os esforzos de Purley por extinguir as chamas foron en balde xa que non recibiu ningunha axuda dos comisarios de pista próximas nin das asistencias de urxencias, malia os seus intentos para animalos, o rsto dos pilotos non pararon, para vir na súa axuda; Williamson morreu por asfixia. Desafortunadamente, os comisarios non levaban roupa resistente ao lume e os pilotos que pasaban crían que Purley intentaba extinguir o lume do seu propio coche, logo de escapar ileso dun accidente; non tiñan nin idea de que un segundo piloto estaba involucrado. O equipo acadou a súa primeira meta no GP de Alemaña. Purley tamén finalizou en Italia.
1977
miniatura|right | 250px | O LEC CRP1 de Fórmula Un LEC regresou ás carreiras de Fórmula Un en co seu propio chasis LEC deseñado por Mike Pilbeam e dirixido por Mike Earle. Foi neste coche no que sufriu feridas graves nun accidente durante a pre-cualificación para o Gran Premio de Gran Bretaña dese ano. Sobreviviu a unha desaceleración estimada de 179´8 g cando pasou de 173 km/h a 0 en 66 cm., logo de que o seu acelerador se atascara pisado a fondo e batera contra o muro. Durante moitos anos, pensouse que era a máis alta forza g a que xamais sobrevivira un ser humano. Sufriu. múltiples fracturas nas pernas, a pelvis e as costelas.
Resultados Completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano Chasis Motor Pneu. Piloto 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 Puntos Pos March 731 Cosworth DFV 3.0 V8 ARX BRA RSA ESP BEL MON SWE FRA GBR NED ALE AUT ITA CAN USA David Purley Ret NTS Ret 15 9 LEC CRP1 Cosworth DFV 3.0 V8 ARX BRA RSA USW ESP MON BEL SWE FRA GBR ALE AUT NED ITA USA CAN XPN—0 David Purley NSC 13 14 Ret NSCP
Notas
Ligazóns externas
Categoría:Escuderías de Fórmula 1 do Reino Unido