Ilex é un xénero cunhas 400 especies aceptadas, das máis de 1000 descritas, formado por árbores e arbustos comunmente coñecidos coma acivros. É un dos tres xéneros da familia, os outros dous son Nemopanthus (con 3 especies) e Prinos (monoespecífico), malia a APGAquifoliales en APGWeb (cómpre busca) admite un só xénero: Ilex. A maior diversidade de especies dáse nas rexións achegadas aos trópicos, onde tamén se atopan as maiores densidades de acevedos. En Galiza atopamos unha soa especie deste xénero: o acivro común ou xardón.

Ten grande importancia no xénero a especie Ilex paraguariensis, coñecida coma herba mate, de cuxas follas faise unha coñecida infusión en América do Sur.

Descrición miniatura|Follas e froitos do acivro europeo (Ilex aquifolium). Son arbustos e árbores que acadan de 2 a 25 metros de altura. As follas son simples e poden ser persistentes ou caedizas, son enteiras, finamente ou pronunciadamente dentadas e espiñentas. Con flores masculinas e femininas en distintas plantas, aínda que hai excepcións. O froito é unha baga, xeralmente vermella cunha a dez sementes. O máis rechamangueiro son, de feito, os seus froitos, mais as súas flores son as que os identifican máis facilmente.

Normalmente son plantas dioicas, é dicir, que debe atoparse polo menos un individuo masculino por cada tres femininos a fin que poidan producir froitos. Porén, algunhas especies producen froitos partenoxeneticamente, tal como o cultivar 'Nellie Stevens R.'. miniatura|right|220px|Ilex anomala miniatura|right|220px|Ilex cassine miniatura|right|220px|Ilex crenata

Propiedades As bagas, que xeralmente son suavemente tóxicas, poden causar vómitos ou diarreas ao seren inxeridas polos humanos. Con todo, as propiedades velenosas para os humanos téñense esaxerado e as mortes por envelenamiento son case descoñecidas. As sementes de Ilex aquifolia poden ser mortais para os cativos se as toman en gran cantidade, cousa pouco probábel por mor do seu desagradábel sabor. De 20 a 30 bagas vermellas son consideradas letais para un humano adulto.

Porén é un alimento moi importante para os paxaros e outros animais salvaxes, pois polo inverno é unha importante fonte de alimento e acubillo.

Taxonomía miniatura|right|Ilex aquifolium variegado, común en xardinaxe. O xénero inclúe arredor dunhas 400 especies, divididas en tres subxéneros:

Subxénero Byronia, coa especie tipo Ilex polypyrena; Subxénero Prinos, cunha especie aceptada, considerado por autores coma xénero; Subxénero Ilex, co resto das 400 especies.

O xénero foi descrito por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 125. 1753. A especie tipo é: Ilex aquifolium L. Etimoloxía Antigamente, o nome de acivro dábase unicamente á especie europea (Ilex aquifolium), porén moitos representantes do xénero son denominados tamén de acivros por mor da súa evidente semellanza. O nome botánico "ilex", era o nome designado en latín para unha especie de Quercus (Quercus ilex) comunmente chamada en galego de aciñeira, que ten unha follaxe semellante á do acivro europeo, e ocasionalmente se confunde con el.

Sinonimia Aquifolium Mill. Macoucoua Aubl. Nemopanthus Raf. Pileostegia Turcz. Prinos L. Especies Ilex affinis Gardner Ilex ×altaclerensis (Loudon) Dallim. Ilex amelanchier M. A. Curtis ex Chapm. Ilex aquifolium L., acivro europeo, xardón Ilex ×aquipernyi Gable ex Whittem. Ilex argentina Lillo Ilex arimensis (Loes.) Britton ex R. O. Williams Ilex asprella (Hook. & Arn.) Champ. ex Benth. Ilex azorica Loes Ilex ×attenuata Ashe Ilex ×beanii Rehder Ilex bioritensis Hayata Ilex brasiliensis (Spreng.) Loes. Ilex brevicuspis Reissek Ilex buergeri Miq. Ilex canariensis Poir. Ilex cassine L. Ilex centrochinensis S. Y. Hu Ilex ciliospinosa Loes. Ilex cinerea Champ. ex Benth. Ilex colchica Pojark. Ilex collina Alexander Ilex cookii Britton & P. Wilson Ilex corallina Franch. Ilex coriacea (Pursh) Chapm. Ilex cornuta Lindl. & Paxton Ilex crenata Thunb. Ilex cyrtura Merr. Ilex decidua Walter Ilex delavayi Franch. Ilex dimorphophylla Koidz. Ilex dipyrena Wall. Ilex dumosa Reissek Ilex excelsa (Wall.) Hook. f. Ilex fargesii Franch. Ilex ficoidea Hemsl. Ilex forrestii H. F. Comber Ilex fragilis Hook. f. Ilex geniculata Maxim. Ilex georgei H. F. Comber Ilex glabra (L.) A. Gray Ilex goshiensis Hayata Ilex graciliflora Champ. ex Benth. Ilex guayusa Loes. Ilex guianensis (Aubl.) Kuntze Ilex hanceana Maxim. Ilex hayataiana Loes. Ilex hookeri King Ilex insignis Hook. f. Ilex integerrima (Vell.) Reissek Ilex integra Thunb. Ilex intricata Hook. f. Ilex ×kiusiana Hatus. Ilex ×koehneana Loes. Ilex krugiana Loes. Ilex laevigata (Pursh) A. Gray Ilex latifolia Thunb. Ilex leucoclada (Maxim.) Makino Ilex liukiuensis Loes. Ilex longipes Chapm. ex Trel. Ilex macfadyenii (Walp.) Rehder Ilex macrocarpa Oliv. Ilex macropoda Miq. Ilex ×makinoi H. Hara Ilex memecylifolia Champ. ex Benth. Ilex ×meserveae S. Y. Hu Ilex micrococca Maxim. Ilex mitis (L.) Radlk. Ilex montana Torr. & A. Gray Ilex mucronata (L.) M. Powell et al. Ilex myrtifolia Walter Ilex nipponica Makino Ilex nothofagacifolia Kingdon-Ward Ilex opaca Aiton Ilex paraguariensis A. St.-Hil., herba mate Ilex pedunculosa Miq. Ilex perado Aiton Ilex pernyi Franch. Ilex pubescens Hook. & Arn. Ilex purpurea Hassk. Ilex rockii S. Y. Hu Ilex rotunda Thunb. Ilex rubra S. Watson Ilex rugosa F. Schmidt Ilex scopulorum Humb. & Bonpl. ex Schult. & Schult. f. Ilex serrata Thunb. Ilex sideroxyloides (Sw.) Griseb. Ilex sikkimensis Kurz Ilex sintenisii (Urb.) Britton Ilex sugerokii Maxim. Ilex szechuanensis Loes. Ilex theezans Reissek Ilex tutcheri Merr. Ilex venulosa Hook. f. Ilex verticillata (L.) A. Gray Ilex viridis Champ. ex Benth. Ilex vomitoria Sol. ex Aiton lex ×wandoensis C. F. Mill. & M. Kim Ilex warburgii Loes. Ilex wightiana Wall. ex Wight Ilex wilsonii Loes. Ilex yunnanensis Franch. Listaxe completa

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas PPP-Index USDA Plants Database Germplasm Resources Information Network (GRIN) Flora da China Flora de Ecuador Flora Europea Flora do Nepal

Categoría:Plantas medicinais Categoría:Plantas de Nadal