Carles Planas Antolínez, nado o 4 de marzo de 1991 en Sant Celoni (Barcelona) é un futbolista catalán que xoga na demarcación de lateral esquerdo para o Girona FC da Liga Santander.
Traxectoria Comeza a xogar no PB Sant Celoni e ficha polas categorías inferiores do FC Barcelona aínda estando na categoría alevín. Pasou por tódalas categorías do club catalán ata facerse un habitual no FC Barcelona B, nunha das épocas de maior esplendor deste na Segunda División. En novembro de 2012 debutou co primeiro equipo nun encontro da Copa do Rei ante o Deportivo Alavés, disputando tamén un encontro da Liga de Campións ante o SL Benfica.
En xullo de 2014 fichou polo Celta de Vigo despois de rematar contrato co FC Barcelona.
Foi un habitual nas categorías inferiores da Selección de fútbol de España, participando nas eurocopas de 2009 e 2010 coa Sub-19, e as de 2011 e 2013 coa Sub-21, tamén participou no Mundial de 2011 coa Sub-20.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1991 Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Futbolistas de Cataluña Categoría:Xogadores do FC Barcelona B Categoría:Xogadores do FC Barcelona Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Girona FC