miniatura|250px|A escola de Atenas de Rafael. O Renacemento italiano foi a primeira manifestación do Renacemento europeo, un período de grandes cambios e adiantos culturais que comezou en Italia durante o século XIV, e durou ata o século XVI, marcando a transición entre a Idade Media e a Idade Moderna. O termo Renacemento é moderno en realidade, xa que provén do século XIX, de historiadores como Jules Michelet e Jacob Burckhardt. Malia que na orixe do movemento o esforzo intelectual estaba confinado á literatura e o patrocinio formou parte do século XIV, moitos aspectos da cultura e da sociedade italiana seguiron a ser fondamente medievais. O Renacemento non chegou ó seu apoxeo ata finais de século. A palabra renacemento (Rinascimento en italiano) provén do renovado interese na cultura da Antigüidade clásica despois do período que os humanistas cualificaron como os anos escuros. Eses cambios concentráronse na elite, e para a maioría da poboación, a vida cambiou ben pouco con respecto á Idade Media.

O Renacemento italiano comezou na rexión de Toscana, con epicentro na cidade de Florencia.Burke, P., The European Renaissance: Centre and Peripheries (1998) Florencia, unha das diversas cidades estado da península, acadou grande importancia económica concedendo crédito ós monarcas europeos e sentando as bases do capitalismo e a banca. Posteriormente, o Renacemento espallouse e tivo un importante impacto en Roma, que foi ornamentada con algúns edificios no estilo antigo, e despois fortemente reconstruída polos papas do século XVI. O cumio do movemento deuse a fins do século XV, mentres os invasores estranxeiros sumían á rexión no caos. Non obstante, as ideas e ideais do renacemento difundíronse polo resto de Europa, posibilitando o Renacemento nórdico, centrado en Fontainebleau e Anveres, e o Renacemento inglés.

O Renacemento italiano é ben coñecido polos seus logros culturais. Isto inclúe creacións literarias con escritores como Petrarca, Castiglione, e Machiavelli, obras de arte de Michelangelo e Leonardo da Vinci, e grandes obras de arquitectura, coma a catedral metropolitana de Santa María del Fiore en Florencia e a Basílica de San Pedro en Roma.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Escultura do Renacemento italiano Bibliografía Baron, Hans. The Crisis of the Early Italian Renaissance: Civic Humanism and Republican Liberty in an Age of Classicism and Tyranny. Princeton: Princeton University Press, 1966. Burckhardt, Jacob (1878), The Civilization of the Renaissance in Italy, trans. S.G.C Middlemore Burke, Peter. The Italian Renaissance: Culture and Society in Italy Princeton: Princeton University Press, 1999. Capra, Fritjof. (2008), The Science of Leonardo. Inside the Mind of the Great Genius of the Renaissance. Doubleday ISBN 978-0-385-51390-6 Cronin, Vincent The Florentine Renaissance (1967) ISBN 0-00-211262-0 The Flowering of the Renaissance (1969) ISBN 0-7126-9884-1 The Renaissance (1992) ISBN 0-00-215411-0 Hagopian, Viola L. "Italy", in The New Grove Dictionary of Music and Musicians, ed. Stanley Sadie. 20 vol. Londres, Macmillan Publishers Ltd., 1980. ISBN Hay, Denys. The Italian Renaissance in Its Historical Background. Cambridge: Cambridge University Press, 1977. Jensen, De Lamar (1992), Renaissance Europe Jurdjevic, Mark. "Hedgehogs and Foxes: The Present and Future of Italian Renaissance Intellectual History," Past & Present 2007 (195): 241-268, Shows Humanism has been the main concern of historians recently; Discusses the works of William Bouwsma, James Hankins, Ronald Witt, Riccardo Fubini, Quentin Skinner, J. A. Pocock, and Eric Nelson. Lopez, Robert Sabatino, The Three Ages of the Italian Renaissance Charlottesville: University Press of Virginia, 1970. Pullan, Brian S. History of Early Renaissance Italy. Londres: Lane, 1973. Raffini, Christine, Marsilio Ficino, Pietro Bembo, Baldassare Castiglione: Philosophical, Aesthetic, and Political Approaches in Renaissance Platonism''. Renaissance and Baroque Studies and Texts, v.21, Peter Lang Publishing, 1998. ISBN 0-8204-3023-4

Ligazóns externas The High Renaissane in Florence - vídeo Renaissance House Victoria and Albert Museum

Categoría:Renacemento Categoría:Arte de Italia