Médicos Sen Fronteiras (MSF) (en francés:Médecins sans frontières) é unha Organización non gobernamental fundada en Francia o 20 de xullo de 1971 por un grupo de médicos. A organización foi fundada na idea de que todo o mundo ten dereito a unha asistencia médica, independentemente da súa nacionalidade. miniatura|Logo da organización nunha porta no Chad Organización MSF é a maior organización privada de axuda humanitaria do mundo. Cun orzamento total de 365 millóns de euros e 2,2 millóns de doadores, MSF enviou ao redor de 3.000 profesionais a 77 países durante o período de actividades 2002-2003. A asistencia que MSF proporciona baséase nas necesidades das poboacións. A análise e a acción de MSF están libres de calquera presión política, económica, militar ou relixiosa.
MSF non toma partido por ningunha das partes enfrontadas nun conflito. Vela que a asistencia beneficie ás vítimas, non os verdugos, pero non asume a neutralidade como un silencio cómplice en caso de violacións graves de dereitos humanos ou do Dereito Internacional Humanitario. Orixe e obxectivos miniatura|170px|esquerda|Un traballador da saúde de MSF examina a nenos malnutridos Dedícase principalmente á axuda de poboacións en situación precaria e as vítimas de conflitos, fame e catástrofes de orixe natural. A súa experiencia médica comezou na guerra de Biafra (1968 - 1969) dentro do dispositivo da Cruz Vermella. Entón non era senón no marco de Cruz Vermella, a ONG máis gobernamental (máis aínda que agora), na que se podía actuar
En 1991 foi galardoada, xunto Medicus Mundi, co Premio Príncipe de Asturias da Concordia e en 1999 recibiu o premio Nobel da Paz. O comité Nobel de Noruega concedeullo por ser pioneira no traballo humanitario en varios continentes.
Hoxe en día, ten máis dun millón e medio de socios, dous mil voluntarios traballando en programas humanitarios en setenta países e outros mil en labores administrativas. Prevén e tratan algunhas enfermidades como a tuberculose, o SIDA e a meninxite.
Carta Magna de Médicos Sen Fronteiras miniatura|300px|Países con misións de MSF Médicos Sen Fronteiras é unha asociación privada con vocación internacional. A asociación reúne maioritariamente os membros do corpo sanitario e así mesmo está aberta a outros profesionais útiles á súa misión.
Todos subscriben sobre o honor os seguintes principios: Médicos Sen Fronteiras aporta a súa axuda ás poboacións en situación precaria, ás vítimas de catástrofes de orixe natural ou humano e de conflitos armados, sen discriminación de raza, relixión, filosofía ou política. Ao actuar na máis estrita neutralidade e imparcialidade, Médicos Sen Fronteiras reivindica, en nome da ética médica universal e do dereito á asistencia humanitaria, plena e enteira liberdade no exercicio da súa función. Médicos Sen Fronteiras comprométese a respectar os principios deontolóxicos da súa profesión e a manter unha independencia total de todo poder, así como de toda forza política, económica ou relixiosa. Os voluntarios miden os riscos e perigos das misións que cumpren e non reclamarán para se mesmos nin para os seus achegados compensación algunha, salvo a que a asociación sexa capaz de proporcionarllos.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Medicus Mundi
Categoría:Asociacións de dereitos humanos Categoría:Premio Nobel da Paz Categoría:Organizacións non gobernamentais Categoría:Organizacións médicas Categoría:Premios Princesa de Asturias da Concordia