Celia Sánchez-Mústich, nada en Barcelona o 9 de decembro de 1954 é unha poeta e escritora en catalán. Vive en Sitges desde o 2001.

Traxectoria Estudou música (piano, guitarra, harmonía e ritmo) en Arts del ritme e no Conservatorio do Liceu de Barcelona. O seu traballo inclúe varios títulos de poesía, novelas, contos e non-ficción narrativa, sete dos cales recibiron premios como o Mercè Rodoreda de narrativa, o Miquel de Palol, o Serra d'Or e o Premi Octubre de poesía . Algúns dos seus poemas foron traducidos para o galego, éuscaro, español, francés, occitano, italiano e inglés, e forman parte de varias antoloxías, tanto en forma de libro (Parlano le donne, poetesse catalane di XXI secolo, 48 poètesses catalans pour le siècle XXI, Le Traductière ou Paraula encesa, de Jordi Julià e Pere Ballart, entre outros) como audiovisual (arquivo audiovisual de poetas da ACEC etc).

Cèlia Sànchez-Mústich realizou lecturas dos seus poemas en varios lugares nos Países Cataláns, a miúdo en colaboración con outros poetas e músicos. Unha curtametraxe dirixida por Jordi Bueno (lanzada en 2012) foi baseada nunha das súas historias, Radio Taxi. É tamén unha difusora cultural que promoveu varios proxectos como os encontros poéticos-musicais en Laila, no Raval de Barcelona, por cinco anos, e no singular Festival de Poesía a Sitges, que dirixiu xunto co poeta e bioquímico Joan Duran i Ferrer desde 2007.

Xunto con Peter Gimferrer, Maria-Merce Marçal e Jaume Pont formaba parte do cuarteto de poetas da antoloxía dedicada ao estudo da literatura catalá ao número 1007 (maio de 2013) da revista literaria francesa Europe. A partir deste feito, empezou a recibir manifestacións de interese do mundo da poesía francófona como por parte de Editions du Noroît (Quebec) e Myriam Solal (París) para traducir o seu poemario On no sabem á versión francesa, e a invitación para participar no festival Voix de la Méditerranée 2014 en Lodeve. No outono de 2013, Editions du Noroît e Myriam Solal finalmente chegaron a un acordo para co-editar On no sabem baixo co título de Cet Espace entre nous con tradución do poeta e tradutor François-Michel Durazzo. A presentación tivo lugar o 5 de xuño de 2014, no palacio Maison de l'Amérique Latine, en París.

Obra Poesía La cendra i el miracle. Barcelona: Columna, 1989 El lleu respir. Barcelona: Columna, 1991 Temperatura humana. Barcelona: Columna, 1994 Taques. Barcelona: Edicions 62, 1997 Llum de claraboia. Lleida: Pagès, 2004 A la taula del mig. Palma de Mallorca: Moll, 2009 On no sabem. Valencia: Tresiquatre, 2010 A l'hotel, a deshora. Xirona: Curbet Edicions, 2014 La gota negra. Lleida: Pagès, 2018

Novela Les cambres del desig. Barcelona: Columna, 1999 Tercer acte d'amor. Barcelona: Proa, 2002

Narrativa Diagnòstic: lluna nova. Barcelona: ICD, 1993 Pati de butaques. Barcelona: Columna, 1996 El tacte de l'ametlla. Barcelona: Proa, 2000 Peret, l'ànima d'un poble. Barcelona: Edicions 62, 2005 Il·lusionistes del futbol. Valls: Cossetània, 2007 No. I sí. Lleida: Pagès, 2009 Ara et diré què em passa amb les dones i tretze contes més. Barcelona: Editorial Moll, 2013. Els vells, aquella nosa. Barcelona: Comanegra, 2020.

Obras traducidas Peret, el alma d'un pueblo, ao español, Península, 2005. Le Jour J, antoloxía en francés, Nouvelles de Catalogne. Magellan & Cie, Cet espace entre nous (versión en francès de On no sabem). Myriam Solal (París), en coedición con Editions du Noroît (Quebec), 2014.

Premios Rosa Leveroni (1990): El lleu respir Don-na (1992): Diagnòstic: lluna nova Miquel de Palol (1996): Taques Mercè Rodoreda da Nit de Santa Llúcia- (1999): El tacte de l'ametlla 7LLETRES (2008): NO. I SÍ Premi Crítica Serra d'Or de poesia (2010): A la taula del mig Ploma d'Or de l'Ajuntament de Sitges (2010) Vicent Andrés Estellés dels Premis Octubre,  (2010): On no sabem

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas website oficial de ACEC de Cèlia Sànchez-Mústich Cet espace entre nous, Cèlia Sànchez-Mústich. Maison de l’Amérique Latine, Paris Crítica de Ara et diré que em passa amb les dones i tretze contes més Revista Núvol Quelques poèmes en français de "Cèlia Sànchez-Mústich" Festival Voix de la Mediterranée a Lodève "Celia Sànchez-Mústich" article al blog de Florenci Salesas sobre l'antologació a la revista Europe Revue Europe "Cèlia Sànchez-Mústich" canal Youtube con diversos vídeos, entrevistas, presentaciones de libros, clips Youtube Clip de la televisión Cet espace entre nous, de "Cèlia Sànchez-Mústich" Maricel TV "Cèlia Sànchez-Mústich" Gran Enciclopèdia Catalana

Categoría:Escritores de Cataluña Categoría:Poetas en lingua catalá Categoría:Novelistas de Cataluña Categoría:Escritores en lingua catalá Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Poetas de Cataluña Categoría:Nados en 1954