Christian James "C. J." McCollum, nado o 19 de setembro de 1991 en Canton, Ohio, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos New Orleans Pelicans da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria profesional O 27 de xuño de 2013, McCollum converteuse no primeiro xogador da historia da Universidade de Lehigh en ser elixido nun Draft da NBA, ó ser elixido na 10ª posición do Draft de 2013 polos Portland Trail Blazers. Participou cos Trail Blazers na Liga de Verán de Las Vegas e no primeiro partido anotou 23 puntos, 15 deles na primeira parte, ademais de repartir 4 asistencias e capturar 3 rebotes na derrota contra os Phoenix Suns.
O 1 de xaneiro de 2014, foi asignado ós Idaho Stampede. O 5 de xaneiro volveu ós Trail Blazers, e tres días despois fixo o seu debut na NBA na vitoria dos Blazers contra os Orlando Magic por 110-94.
O 8 de febreiro de 2022, McCollum foi traspasado xunto a Larry Nance Jr. e Tony Snell ós New Orleans Pelicans a cambio de Josh Hart, Nickeil Alexander-Walker, Tomáš Satoranský, Didi Louzada e unha elección da primeira rolda do Draft de 2022. Dous días máis tarde, McCollum debutou cos Pelicans, facendo 15 puntos, 7 rebotes e 5 asistencias na derrota por 112–97 contra os Miami Heat.
Estatísticas Tempada regular Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS 2013-14 Portland 38 12.5 .416 .375 .676 1.3 0.7 0.4 0.1 5.3 Total 38 12.5 .416 .375 .676 1.3 0.7 0.4 0.1 5.3
Playoffs Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS 2014 Portland 6 4 .091 .000 1.000 0.2 0.0 0.0 0.0 0.7 Total 6 4 .091 .000 1.000 0.2 0.0 0.0 0.0 0.7
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference
Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados no condado de Stark, Ohio Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Portland Trail Blazers Categoría:Xogadores dos Portland Trail Blazers Categoría:Xogadores dos New Orleans Pelicans