Solomon Jamar Hill, nado o 18 de marzo de 1991 en Harvey, unha cidade do condado de Cook, en Illinois, é un xogador americano de baloncesto profesional.
Traxectoria profesional O 27 de xuño de 2013, Hill foi seleccionado na 23ª posición do Draft da NBA de 2013 polos Indiana Pacers. O 3 de xullo de 2013, asinou un contrato cos Pacers e uniuse ó equipo para xogar a Liga de Verán de 2013.
O 29 de decembro de 2013, foi asignado ós Fort Wayne Mad Ants da NBA Development League. O 4 de xaneiro de 2014, foi chamado de volta polos Pacers.
En xullo de 2014, Hill xogou de novo cos Pacers a Liga de Verán de 2014.
O 21 de xullo de 2016, Hill asinou cos New Orleans Pelicans.
O 6 de xullo de 2019, Hill foi traspasado ós Atlanta Hawks. O día seguinte, os Hawks traspasaron a Hill ós Memphis Grizzlies.
O 6 de febreiro de 2020, Hill foi traspasado ós Miami Heat nun traspaso entre tres equipos.
Estatísticas Tempada regular Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS 2013-14 Indiana 28 8.1 .425 .304 .857 1.5 0.4 0.2 0.1 1.7 Total 28 8.1 .425 .304 .857 1.5 0.4 0.2 0.1 1.7
Playoffs Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS 2014 Indiana 1 1.0 .000 .000 .000 0.0 0.0 0.0 0.0 0.0 Total 1 1.0 .000 .000 .000 0.0 0.0 0.0 0.0 0.0
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference
Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados en Harvey, Illinois Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Indiana Pacers Categoría:Xogadores dos Indiana Pacers Categoría:Xogadores dos New Orleans Pelicans Categoría:Xogadores dos Memphis Grizzlies Categoría:Xogadores dos Miami Heat Categoría:Xogadores dos Atlanta Hawks