Jon Ander Serantes Simón, coñecido habitualmente como Jon Ander, nado o 4 de xaneiro de 1989 en Barakaldo, Biscaia, é un futbolista profesional vasco que xoga como gardameta no Club Deportivo Leganés da Segunda División.

Traxectoria Nado en Barakaldo, Biscaia, Joan Ander formouse na canteira do conxunto da súa localidade desde cadete, aínda que antes xa militara nas categorías inferiores do Santutxu e do Athletic Club. No Barakaldo CF xoga até a categoría xuvenil, chegando ao primeiro equipo en 2007. Na seguinte tempada é cedido ao Deusto, onde compaxina a súa angueira como gardameta con axudas ao seu pai, de profesión albanel. Ao volver ao Barakaldo é cada vez máis habitual no once do primeiro equipo, polo que desperta o interese do Athletic Club, onde ficha na tempada 2011-12 tras rematar o seu contrato. As dúas seguintes campañas xoga no filial bilbaíno, o Athletic Club, regresando cedido ao Barakaldo na tempada 2013-14, onde é indiscutible na meta do conxunto. A súa boa tempada fai que na tempada 2014-15 asine co Club Deportivo Lugo da Segunda División.

Clubs ClubCategoríaAnoPartidosGoles rec.BarakaldoSegunda B2007-200800DeustoDiv. de Honra2008-2009BarakaldoSegunda B2009-2010812BarakaldoSegunda B2010-20111922Athletic BSegunda B2011-20122726Athletic BSegunda B2012-20131712BarakaldoSegunda B2013-20143837LeganésSegunda2014-20152523LeganésSegunda2015-2016

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en Transfermarkt Perfil do xogador en La Pizarra de Luís Nova da súa fichaxe en Fútbol de Lugo

Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados en Barakaldo Categoría:Futbolistas do País Vasco Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores do Bilbao Athletic Categoría:Xogadores do Barakaldo CF Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Xogadores do CD Leganés