Lorenzo Novás Rarís, nado en 1880 e finado en Pontevedra en agosto de 1946,Necrolóxica en Ciudad, 26-8-1946, p. 8. foi un fotógrafo galego.
Traxectoria En 1894, con 14 anos, entrou como aprendiz no estudio de Francisco Zagala. En 1897 cando Zagala solicitou un fotógrafo profesional para o seu estudio, Lorenzo Novás foi o elixido para o posto, que desempeñou de forma autónoma. Colaborou con Zagala facendo as fotografías que este lle encargou, principalmente as de exteriores, ó tempo que tamén traballou con outros fotógrafos da época, como Cobián, e montou un estudio fotográfico na veciña vila de Marín. Despois do agravamento da enfermidade crónica de Zagala que no ano 1900 case lle ocasionou a morte, encargouse de facer case todas as fotografías de campo para o seu estudio.
Logo da morte de Zagala en 1908,Páxina de Francisco Zagala no Museo de Pontevedra. foi o fotógrafo oficial da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra e ademais fíxose cargo do estudio Zagala Fot. ata a súa venda en 1911; nesta época asinou algunhas imaxes como "Sucesor de Zagala". Cara ós anos 1911-12 formou unha sociedade co tamén fotógrafo Cobián, "Cobián y Novás". En 1917 constituíu a Sociedade Sáez Mon y Novás, cuxo estudio se inaugurou o 14 de febreiro, manténdose a sociedade ata 1934.
En 1945, facilitou ó Museo de Pontevedra, do que era fotógrafo desde 1924, 1 230 clixés. Colaborou como fotógrafo en revistas como Vida Gallega, Almanaque Gallego, La Temporada en Mondariz e Estampa e periódicos como Faro de Vigo, Diario de Pontevedra, Galicia. Diario de Vigo, El Pueblo Gallego e Relicario Monumental de Galicia de Jose Cao Moure e da editorial P.P.K.O. de Vigo. Moitas fotos da cidade de Pontevedra de comezos do século XX débense á súa autoría, así como as imaxes de varios lugares e monumentos da provincia.
Premios Obtivo varios premios fotográficos: Medalla de Prata na Exposición Rexional de Lugo de 1915. Premio especial do Concurso Nacional de Fotografía de Tarrasa en 1917 coa foto "Saudade" 1ª medalla en Londres coa fotografía Un Golfo en 1923. 1º premio na exposición Pontevedra en 1925.
Vida persoal Era tío de Manuel Cuña Novás e curmán de Juan Novás, un dos fundadores do Museo de Pontevedra.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Juan Manuel Sáez Mon
Ligazóns externas "El fotógrafo olvidado", Faro de Vigo, 6/7/2014 . "Lorenzo Novás, la memoria de un olvidado" Diario de Pontevedra, 7/5/2015 . "A Moureira Pudimos fracasar mejor" Faro de Vigo, 6/12/2015
Categoría:Fotógrafos de Galicia Categoría:Nados en 1880 Categoría:Finados en 1946