José Boedo Núñez, coñecido como Pucho Boedo, nado na Coruña o 4 de xaneiro de 1929 e finado na mesma cidade o 26 de xaneiro de 1986, foi un cantante e compositor galego, considerado un mito da canción galega.
Traxectoria Naceu na aldea da Silva en 1929, fillo de José Boedo, membro da CNT asasinado en 1936. Un ano despois, o seu irmán José Antonio foi tamén fusilado. Outro irmán, Manuel, con só dezaseis anos, conseguiu fuxir. Anos despois, lograrían reencontrarse.
A finais da década de 1940 comezou a cantar Radio Juventud no Kiosco Alfonso. Gañou un concurso e foi fichado pola orquestra Los Trovadores de Alfonso Saavedra. Fíxose profesional primeiro con este grupo e despois con Los Satélites. Con eles viaxou a Venezuela, a primeira orquestra galega que cruzaba o Atlántico. Los Satélites trouxeron de América aos campos da festa a música tropical, vinte anos antes de que en Nova York se inventase a palabra salsa. Pucho, porén, ficou en Venezuela.
Popularidade miniatura|Rúa Pucho Boedo en Oleiros. Pucho volveu para xuntarse de novo con Los Trovadores, quen tocaban en Madrid no inverno. Con eles gravou os primeiros discos. Fíxose popular a partir da súa incorporación a Los Tamara en 1959, chamado por Prudencio Romo. Cantou boleros, rancheiras, xotas, tangos, canción italiana e merengues. Actuou no Teatro Olympia de París, no que compartiu cartaz con Charles Aznavour e Jacques Brel. En Suíza, entre as comunidades de emigrantes, a súa voz protagonizou o renacemento da canción en galego, unha lingua prohibida polo franquismo.
Musicou versos de Manuel Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro e Rosalía de Castro. Deixou Los Tamara en 1976 por problemas de saúde e non volvería cantar até 1982, cando comezou a súa carreira en solitario.
Morte
Faleceu na noite do 26 de xaneiro de 1986 na súa casa da Coruña, por mor dun fallo cardíaco. Está enterrado no cemiterio de Santo Amaro da Coruña.Na tumba número 885:
Discografía Con Los Tamara Na fermosa Galicia (1970) De Santiago vengo... al mundo voy (1972) Miña Galicia verde (1974) Los Tamara (1976)
En solitario Volvendo con Os Tamara (1982)
Filmografía relacionada miniatura|dereita|250px|Homenaxe a Pucho Boedo na Cidade Vella da Coruña. Paco Lodeiro produciu un documental, conxuntamente con Xurxo Souto, Pucho Boedo, un crooner na fin do mundoFicha en Culturagalega.org e un disco sobre a súa figura, Sempre Pucho.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Biografía do artista
Categoría:Nados en 1929 Categoría:Finados en 1986 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Cantantes de Galicia Categoría:Cantantes en lingua galega Categoría:Cantantes en lingua castelá