Valparaíso é unha cidade, porto e comuna de Chile, capital da provincia e rexión de Valparaíso. Sitúase uns 117 km da capital do país, Santiago de Chile. É o centro histórico, administrativo, universitario e principal núcleo urbano da Área Metropolitana de Valparaíso, que forma xunto ás comunas de Viña del Mar, Quilpué, Villa Alemana e Concón. Segundo o censo 2012 conta cunha poboación estimada de 300.000 persoas, que ascende a 1.040.000 habitantes se incluímos a súa conurbación, sendo a terceira cidade e área metropolitana máis poboada de Chile, por detrás da de Santiago e Concepción.
Valparaíso é sede do Congreso Nacional, da Comandancia da Armada de Chile e doutras institucións do Estado de carácter nacional como o Consello Nacional da Cultura e as Artes, a Subsecretaría de Pesca, os servizos de Aduanas e de Pesca e Acuicultura. É o principal porto de Chile e un dos máis importantes do Pacífico Sur. Ademais a cidade é sede dalgunhas das universidades máis prestixiosas do país como a Pontificia Universidade Católica de Valparaíso, Universidade de Praia Ancha, Universidade de Valparaíso e Universidade Técnica Federico Santa María.
Geograficamente, a cidade preséntase en forma dun grande anfiteatro natural, na baía homónima e rodeada de cerros, nos cales vive a maior parte da poboación. Entre o pé dos cerros e o mar fórmase o Plan, centro administrativo, comercial e financeiro da cidade; mentres o bordemar é ocupado polo porto.
Debido á súa riqueza arquitectónica desenvolvida principalmente a fins do século XIX, en 2003 o seu centro histórico foi declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco, converténdose no terceiro sitio chileno protexido polo organismo internacional, tralo Parque Nacional Rapa Nui e 16 igrexas de Chiloé.
O poeta chileno Pablo Neruda tiña unha casa na cidade.
Paisaxe urbana
Alcumada "A Xoia do Pacífico", Valparaíso declarouse Patrimonio da Humanidade polo seu deseño urbano improvisado e a súa arquitectura única. En 1996, o Fondo Mundial de Monumentos declarou o infrecuente sistema de ascensores funiculares (vagóns con forte inclinación) de Valparaíso como un dos 100 tesouros históricos máis ameazados do mundo. En 1998, activistas de base convenceron o goberno chileno e as autoridades locais de solicitar o status de Patrimonio Mundial da UNESCO para Valparaíso. Valparaíso declarouse Patrimonio da Humanidade en 2003. Construída sobre ducias de ladeiras empinadas con vistas ao océano Pacífico, Valparaíso ten un labirinto de rúas e calexas empedradas, que encarnan un rico legado arquitectónico e cultural. Valparaíso está protexida como Patrimonio da Humanidade da UNESCO.
Desde a súa condición de Patrimonio da Humanidade, Valparaíso realizou varios cambios no seu tecido urbano no proceso de mantemento do seu patrimonio cultural.
Os lugares de interese inclúen: Igrexa da Matriz Praza de Aníbal Pinto Praza de Sotomayor, incluído o Edificio Armada de Chile Edificio Luis Cousiño Palacio de Xustiza 16 funiculares restantes (chamados ascensores): 15 públicos (monumentos nacionais) e 1 privado (que pertence ao "Hospital Carlos van Buren"). O distrito histórico de Concepción e Alegre O outeiro Bellavista, que alberga o "Museo a Ceo Aberto" ou "museo ao aire libre" Monumento ao Almirante Lord Thomas Alexander Cochrane, 10º Conde de Dundonald Monumento a Manuel Blanco Encalada, primeiro presidente chileno Capilla del Carmen Cemiterios no Cerro Panteón–Cemiterio Número Un (católico) e no Cemiterio de Disidentes (protestante)
Galería
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Patrimonio da Humanidade en Chile Ligazóns externas Páxina oficial de Valparaíso
Categoría:Cidades de Chile Categoría:Patrimonio da Humanidade en Chile