miniatura|300px|Imaxe do principal edificio da Deputación. A Deputación Foral de Áraba (en éuscaro: Arabako Foru Aldundia, en castelán: Diputación Foral de Álava) é o órgano de goberno do territorio histórico de Áraba, no País Vasco (España).
Ademais das competencias ordinarias que exercen as deputacións provinciais das restantes provincias de España, a Deputación Foral de Áraba exerce competencias específicas de Deputación Foral derivadas da natureza de Áraba como territorio histórico do País Vasco, en virtude do seu Estatuto de Autonomía, por exemplo ten importantes competencias tributarias, en urbanismo e en asuntos sociais.
Deputado Xeral
Á fronte da Deputación Foral está o goberno foral de Áraba, formado polo consello de deputados e o presidente destes, coñecido como Deputado Xeral (en éuscaro: Diputatu Nagusia ou Ahaldun Nagusia), que é elixido polas Xuntas Xerais de Áraba, o parlamento provincial.
Deputados Xerais de Áraba dende a Transición 1979-1983: Emilio Guevara Saleta (EAJ-PNV) 1983-1987: Juan María Ollora Otxoa de Aspuru (EAJ-PNV) 1987-1991: Fernando Buesa Blanco (PSE) 1991-1995: Alberto Ansola Maiztegi (EAJ-PNV) 1995-1999: Félix Ormazabal Askasibar (EAJ-PNV) 1999-2007: Ramón Rabanera Rivacoba (PP) 2007-2011: Xabier Agirre López (EAJ-PNV) 2011-2015: Javier de Andrés (PP) 2015: Ramiro González Vicente (EAJ-PNV)
Véxase tamén Outros artigos Deputación Foral de Biscaia Deputación Foral de Guipúscoa
Ligazóns externas
Web da Deputación Foral de Áraba
Categoría:Áraba Araba Categoría:Política do País Vasco