Santa María de Luía é unha parroquia que se localiza no concello de Ortigueira, ao sur da enseada de Ladrido. Segundo o IGE en 2018 tiña 208 habitantes (103 mulleres e 108 homes) distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 247 habitantes.

Xeografía Limita ao sur con Cuíña, polo oeste, coa vila de Ortigueira e Luama, polo leste coa parroquia de Barbos e polo norte coas marismas da enseada de Ladrido. Nestas marismas están os illotes da Insuela Grande e da Insuela Pequena, que tamén pertencen a esta parroquia.

Patrimonio A igrexa parroquial que se atopa no lugar da Igrexa é unha pequena ermida adicada a Santa Ana e que ten o cemiterio arrimado ao seu costado dereito.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Luía

Parroquias de Ortigueira

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Ortigueira

Categoría:Parroquias de Ortigueira Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María