Marie Antoinette é un filme histórico escrito e dirixido por Sofia Coppola que se estreou no 2006. Está vagamente baseado na vida de María Antonieta de Austria nos anos precedentes á Revolución francesa. Gañou o Óscar ó mellor deseño de vestiario.
Sinopse Francia, século XVIII. O compromiso matrimonial entre o futuro Lois XVI (Schwartzman) e María Antonieta (Dunst) serve para selar unha alianza entre Francia e Austria. Con só catorce anos, a inxenua princesa austríaca vese obrigada a abandonar Viena, a súa familia e os seus amigos para instalarse na opulenta e sofisticada corte francesa, onde reinan as intrigas e os escándalos. A moza rebélase contra o illamento que representa a corte de Versalles e convértese na raíña máis incomprendida de Francia.
Personaxes Kirsten Dunst como María Antonieta de Austria Jason Schwartzman como Lois XVI de Francia Judy Davis como Anne d'Arpajon Steve Coogan como Florimond de Mercy-Argenteau Rip Torn como Lois XV de Francia Rose Byrne como Yolande de Polastron Asia Argento como Jeanne Bécu Molly Shannon como Vitoria de Francia Shirley Henderson como Sofía de Francia Danny Huston como Xosé II de Habsburgo Marianne Faithfull como María Tareixa I de Austria Jamie Dornan como Hans Axel von Fersen Tom Hardy como Raumont Al Weaver como Carlos X de Francia Mary Nighy como María Tareixa de Savoia-Carignano Sebastian Armesto como Lois XVIII de Francia
Galardóns e nomeamentos 2006: Oscar ó mellor deseño de vestiario. 2006: 3 nomeamentos ós BAFTA: Mellor vestiario, maquillaxe e deseño de produción. 2006: Cannes: 2 nomeamentos. 2006: Nomeado a Critics' Choice Awards: Mellor banda sonora.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2006 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes dirixidos por Sofia Coppola Categoría:Filmes de Columbia Pictures Categoría:Filmes de American Zoetrope Categoría:Filmes ambientados en Austria Categoría:Filmes ambientados en Francia Categoría:Filmes ambientados no século XVIII