A estrada Villacastín-Vigo foi o nome que recibiu a vía de comunicación radial da Península Ibérica, cunha lonxitude de 572 quilómetros.
Características dereita|miniatura|Fito quilométrico nº 84 na travesía urbana de Villacastín. Desde a poboación de Villacastín (Provincia de Segovia), pasa por Ávila, Peñaranda de Bracamonte, Salamanca, Zamora, Rionegro del Puente, Pobra de Seabra, A Gudiña, Verín, Xinzo de Limia, Allariz, Ourense, Ribadavia, A Caniza e O Porriño. En Villacastín liga coa vía radial Madrid-A Coruña, convertida en estrada N-VI e desdobrada actualmente na autovía A-6.
A súa construción comezou a mediados do século XIX, se ben foi reformulada e construída entre 1860 e 1863. No cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña) estableceuse a nomenclatura actual das estradas nacionais de España. O seu trazado correspóndese coas actuais vías N-110 (até Ávila), N-501 (até Salamanca), N-630, N-631 (até Rionegro del Puente), N-525 (até Ourense) e N-120 (até Vigo). Agás no caso da N-631, o resto de tramos foi desdobrado ou convertido en autovía.
En numerosas poboacións do trazado como Ávila, Encinas de Abajo, Peleas de Arriba, Zamora, Roales del Pan, Valcabado, Otero de Bodas, Montamarta, Tábara, Rionegro del Puente, Pozuelo de Tábara, Mombuey, Asturianos, Pobra de Seabra, Padornelo ou Requeixo de Seabra mantense na toponimia dos nomes de rúas a denominación de carretera Villacastín-Vigo. En Ourense o nome foi substituído polo de rúa do Progreso"Km. 554 da Villacastín – Vigo", ficha do fito quilométrico en Patrimonio Galego., e en Ponteareas polo de rúa Real.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas «Ley de Bases de Ordenación Ferroviaria y de los transportes por carretera de 24 de enero de 1941» BOE. «Ley 56/1960 de 22 de diciembre, de bases del Plan General de Carreteras» BOE. Ourense na Historia Concello de Ourense.
Categoría:Estradas de España Categoría:Antigas estradas galegas Categoría:Estradas da provincia de Pontevedra Categoría:Estradas da provincia de Ourense