O alfabeto copto é o alfabeto utilizado para escribir a lingua copta. Esta lingua é o herdeiro moderno do exipcio, escrito con anterioridade mediante os xeroglíficos, que deixou de ser unha lingua viva no século X pero continúa a ser empregada como lingua litúrxica da Igrexa Ortodoxa Copta. O alfabeto copto é, xa que logo, unha escritura «sagrada».
Historia A escritura xeroglífica antiga cedeu o seu posto, para escribir a lingua copta, a un alfabeto derivado do grego, cuxas letras se tomaron prestadas a finais do século I. A nai deste alfabeto é, pois, o grego uncial. Como a lingua copta era foneticamente distinta da lingua grega, houbo que completar o alfabeto de vinte e catro letras con sete signos suplementarios, que se tomaron do demótico, escritura de orixe xeroglífica que precedeu ao alfabeto copto e deixou de ser utilizado durante o século V. Á Inversa, algunhas letras gregas eran inútiles para a notación do copto, pero foron conservadas para a notación de termos tomados do grego bíblico.
O alfabeto copto está hoxe reservado aos textos cristiáns. Con todo, servía ao principio para escritos de variado contido, como textos «máxicos». Para W. V. Davies (cf. bibliografía), a importación de letras gregas nesta lingua ─ que podía utilizar unha escritura ancestral pero foneticamente imprecisa ─ explicaríase pola necesidade de representar o máis fielmente posíbel os sons das fórmulas máxicas. O alfabeto nas súas versións máis antigas non está normalizado e contén, segundo os lugares e os dialectos, numerosas letras saídas do demótico que non se conservaron na versión definitiva, que está ben testemuñada a partir do século IV. Co transcurso dos séculos, os documentos relixiosos empezaron a predominar sobre os profanos, entre os que se podías atropar cartas, correspondencia comercial e textos legais.
Feito notábel, o alfabeto nubio deriva do alfabeto copto malia as linguas non teren relación ningunha entre elas. Letras Nota: todas as transcricións fonéticas seguen os usos do API. Lista dos grafemas damos as letras do alfabeto bohaírico. Como a orixe grega uncial é evidente, non a damos (por exemplo, Ficheiro:copte d.png e Ficheiro:Coptic Theta-min.svg veñen de Ficheiro:grec oncial d.png e Ficheiro:grec oncial th.png etc.). É de remarcar a presenza esperada do sigma lunar. Para as letras saídas do demótico, véxase máis abaixo. Para os dous valores fonolóxicos indicados así como o nome das letras, véxase máis abaixo.
As letras utilízanse tamén ─ a partir do bohaírico ─, como en grego, en función de números (onde a presenza no alfabeto dun signo non literal e puramente numeral, sou, saído do digamma grego, e dunha ligatura abreviativa, o rō barrado, cun valor de 900, en lugar do sampi grego); consultar numeración copta para máis detalles. O sa’ídico semella ignorar unha práctica tal e nota os números enteiros.
TrazadoNomeTransliteración Valor 1Valor 2Número Ficheiro:Coptic Alpha-min.svg alpʰa a /a/ 1 Ficheiro:Copte b.png bēta b /b, v/ 2 Ficheiro:Copte g.png gamma g /k/ /g, ŋ, ɣ/ 3 Ficheiro:Copte d.png dalda d valign="top" | /d/ /d, ð/ 4 Ficheiro:Copte e.png ei e /e/ 5 Ficheiro:Copte soou.png sou ─ ─ (6) Ficheiro:Copte z.png zēta z /s/ /z/ 7 Ficheiro:Copte ee.png ēta ē /eː/ /ɛː, i/ 8 Ficheiro:Coptic Theta-min.svg tʰēta tʰ /tʰ/ /tʰ, θ/ 9 Ficheiro:Copte i.png iōta i /i, j/ 10 Ficheiro:Copte k.png kappa k /k/ 20 Ficheiro:Copte l.png laula l /l/ 30 Ficheiro:Copte m.png mē m /m/ 40 Ficheiro:Coptic Ne-min.svg nē n /n/ 50 Ficheiro:Copte ks.png kˢi kˢ /ks/ 60 Ficheiro:Coptic Ou-min.svg ou o o 70 Ficheiro:Coptic Pi-min.svg pi p /p/ 80 Ficheiro:Copte r.png rō r /r/ 100 Ficheiro:Copte s.png sēmma s /s/ 200 Ficheiro:Coptic Tau-min.svg tau t /t/ /t, d/ 300 Ficheiro:Copte u.png he u /u, w/ /u, w, i, v/ 400 Ficheiro:Coptic Phi-min.svg pʰi pʰ /pʰ/ /pʰ, f/ 500 Ficheiro:Copte kh.png kʰi kʰ /kʰ/ /kʰ, χ, ʃ/ 600 Ficheiro:Coptic Pxi-min.svg pˢi pˢ /ps/ 700 Ficheiro:Coptic O-min.svg ō ō /oː/ 800 Ficheiro:Coptic Sai-min.svg šai š /ʃ/ ─ Ficheiro:Copte f.png fai f /f/ 90 Ficheiro:Copte x.png ḫai ḫ ─ /x/ ─ Ficheiro:Copte h.png hori h /h/ ─ Ficheiro:Copte dj.png ḏanḏia ḏ (j) /ʤ/ /ʤ, g/ ─ Ficheiro:Copte tsh.png čima č /q/ /ʧ/ ─ Ficheiro:Copte ti.png ti ti/ti/ ─ Ficheiro:Coptic Ro-bar.svg pˢis ənše ─ ─ 900
As sete últimas letras do alfabeto non son de orixe grega senón tomadas do demótico exipcio. Permiten notar sons que o grego da época non coñecía e non sabía, polo tanto, escribir. A súa orixe é ben coñecida: pódense en efecto remontar xeroglíficos ata a letra copta pasando polo trazado demótico
xeroglífico demótico copto SA → Ficheiro:demotique sh.png → Ficheiro:Coptic Sai-min.svg f → Ficheiro:demotique f.png → Ficheiro:copte f.png M12 → Ficheiro:demotique kh.png → Ficheiro:copte x.png F18:Y1 → Ficheiro:demotique h.png → Ficheiro:copte h.png U29 → Ficheiro:demotique j.png → Ficheiro:copte dj.png k → Ficheiro:demotique tsh.png → Ficheiro:copte tsh.png D37:t → Ficheiro:demotique ti.png → Ficheiro:copte ti.png
Maiúsculas
O alfabeto copto pódese considerar bicameral: cada letra posúe unha capital e unha minúscula. De feito, agás en certos estilos particularmente adornados, as capitais non son máis que minúsculas de gran formato e non precisan unha aprendizaxe separado. Non hai nada comparábel no caso do grego actual, no que a minúscula de Ν é ν, por exemplo. A letra ḫai é probabelmente a única cuxas dúas variantes son diferentes independentemente do estilo: Ϧ en capital, ϧ en minúscula.
Nome das letras
neta táboa aparece un dos numerosos nomes posíbeis para cada letra, grosso modo son os dados pola gramática de Plumley (cf. bibliografía). Pódese considerar que son os nomes antigos.
Os nomes des letras non están en efecto realmente normalizados e neste ámbito atopámonos con moitas variantes segundo os textos: mínimos (a letra fai pode ser chamada fei) ou máis notábeis (he é a miúdo designada co nome epˢilon nos textos recentes). A helenización da pronunciación (véxase máis abaixo) desempeñou con seguridade un papel non pequeno, o mesmo que as obrigas ligadas á lingua copta mesma: a aparición dunha vogal epentética en inicio de palabra nunha sílaba que en caso contrario empezaría por dúas consoantes é visíbel en casos como kˢi a miúdo chamado ekˢi.
Transliteración e codificación
A partir de agora, as palabras codificadas en alfabeto grego en itálica hai que lelas como se estivesen escritas en copto. En efecto, Unicode non distingue aínda os dous bloques de caracteres (véxase máis abaixo). As palabras escritas en grego en romana deben ser entendidas como grego.
Por razóns de simplicidade, eliximos representar o sēmma (sigma grego) pola letra latina c: en efecto, como o copto tomou prestado o sigma lunar grego, non coñece a variante final ς. Escribir σ en fin de palabra sería demasiado estraño para o ollo habituado a ler o grego Tamén é máis prudente codificarmos o sigma lunar por medio dun c mellor que polo carácter grego previsto en Unicode (ϲ U+03F2), que non sempre está presente nas fontes habituais.
Escollemos unha transliteración e non unha transcrición para as palabras coptas. Esta transliteración é bixectiva: a cada símbolo ou dígrafo simbólico escollido só pode corresponder unha soa letra copta e á inversa, de onde a notación das consoantes aspiradas par un ʰ. Así, pʰ (φ) non pode ser confundido coa secuencia de letras ph (πϩ). Notar que ḏ pode ser substituído facilmente por j. A presenza dun ḏinkim (véxase máis abaixo) é indicada par un ə en superíndice: ρ̄ é transliterado como ər.
Valor das letras
As diferentes fontes consultadas dan para certas letras valores moi diferentes, segundo que se sitúen nunha perspectiva histórica (o copto tal e como se falaba no pasado) ou actual (tal e como se pronuncia agora nas cerimonias relixiosas). Ademais, compre distinguirmos a pronunciación sa’ídica (dialecto agora extinto) da bohaírica (único dialecto aínda «vivo»). Os textos recentes consagrados ao copto xeralmente insisten máis sobre a pronunciación bohaírica litúrxica actual. Dúas obras, non obstante, apóianse sobre a pronunciación antiga: o artigo de Ritner e a gramática de Plumley (cf. bibliografía).
Por outra parte, segundo Emile Maher Ishak (cf. bibliografía), a pronunciación bohaírica da lingua copta tería sido aproximada artificialmente á do grego moderno a mediados do século XIX, co fin de permitir unha fusión entre a igrexa ortodoxa grega e a de Exipto, fusión que finalmente non tivo lugar. Este movemento de helenización, baixo a éxida do pope Cirilo IV e de Arian Girgis Moftah, profesor de copto litúrxico, foi aceptándose global e paulatinamente: hoxe, agás en escasas igrexas, o copto é lido «á grega». Porén esta pronunciación é considerada artificial (e aínda por riba non se aplica a todas as palabras: para non contravir os usos establecidos, os nomes propios, por exemplo, pronúncianse a miúdo «á antiga»). Considérase, pois, que pertence ao «antigo bohaírico» unha pronunciación máis hipotética restituída e que data de antes da helenización, pronunciación que ─ con razón ou sen ela ─ ás veces se di que se corresponde coa do sa’ídico.
Na táboa inferior, indicamos como primeiro valor o probábel do sa’ídico (ou do «antigo bohaírico»), restituído a partir do exipcio clásico, das prácticas escriturarias antigas e do valor das letras gregas na época de adaptación do alfabeto. O segundo valor é o do bohaírico helenizado actual. Imos describir os dous sistemas.
Consoantes aspiradas e consoantes dobres
Pronunciación antiga / sa’ídico
As consoantes aspiradas gregas empregáronse ao principio como atallos que permitían notar unha consoante oclusiva seguida de /h/. Así, θ correspondía á secuencia de consoantes τϩ, ou sexa /th/. Tales letras transcribían, pois, dúas consoantes e non unha soa (en grego antigo, θ líase /tʰ/). Atopamos, por exemplo, as grafías equivalentes θε ou τϩε /the/ (e non /tʰe/ xa que as consoantes aspiradas non existen en copto) para o palabra «camiño». A utilización destas letras, en sa’ídico, é moito máis limitada que en bohaírico (as máis das veces atoparémolas en palabras de orixe grega cando non serven de atallo, é dicir, de letra dobre); o mesmo se pode dicir de φ e χ, que poden substituír πϩ e κϩ.
O caso é similar coas dúas consoantes dobres gregas ξ e ψ, que, nos textos antigos, serven ás veces de atallo para κc e πc, sen que o seu uso sexa obrigatorio (ao contrario do grego). Por exemplo, o número 9 pode escribirse πcιc ou ψιc.
Pronunciación helenizada
Actualmente, na pronunciación bohaírica helenizada as consoantes aspiradas se pronuncian ben como simples (θ vale logo τ, φ lese π e χ como κ) ben dunha maneira similar á pronunciación do grego moderno (pero adaptada a unha poboación maioritariamente arabófona).
θ: tras c, τ, υ, e ϣ → /t/, se non → /θ/; φ: nun nome propio → /f/, se non → /v/; χ: nunha palabra copta → /k/, sei non (principalmente en palabras gregas) → /x/ tras α, ο e ω, /ʃ/ tras ε, η, ι e υ (por imitación do grego [ç]).
A utilización das aspiradas así como das consoantes dobres (cuxa pronunciación non suscita problema ningún) é máis frecuente en bohaírico que nos textos máis antigos.
Oclusivas sonoras e zēta
Pronunciación antiga / sa’ídico
As letras gregas γ, δ e ζ, pronunciadas /g/, /d/ e /zː/ en grego antigo, forman parte das que ben se podía aforrar o copto, xa que os sons en cuestión non son fonemas do copto antigo (mentres que o β grego, que xa pasara a /v/ na época medieval, era útil). Nos textos antigos, nótase unha grande propensión á confusión coas xordas máis ou menos equivalentes: así, γ alterna con κ ou ϭ (que, en sa’ídico, non se le /ʧ/ senón probabelmente /q/), δ con ϯ, ζ con c.
Como regra xeral, estas consoantes empréganse principalmente (pero non exclusivamente) en préstamos do grego.
Pronunciación helenizada
A do bohaírico actual está moi afastada da pronunciación antiga. Estas letras aparecen tamén sobre todo en palabras prestadas do grego: