O Hospital Álvaro Cunqueiro é un hospital pertencente ao Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, inaugurado no ano 2015 e situado na parroquia de Beade, preto da confluencia coas parroquias de Valadares e Matamá, destinado a atender unha área sanitaria de preto de 600.000 persoas, a maior de Galicia. Co seu nome homenaxea o escritor Álvaro Cunqueiro.

Descrición A construción é deseño do estudo do arquitecto catalán Luis Vidal (Barcelona, 1969) e ten certificación medio ambiental BREEAM.«El nuevo Hospital de Vigo, certificado BREEAM® en Fase de Diseño» 26/1/2015.

Inauguración miniatura|250px|Manifestación en Vigo en setembro do 2015 O primeiro paciente, ambulatorio, foi atendido o 29 de xuño de 2015. Os primeiros ingresos fixéronse o 24 de agosto.

O servizo de urxencias estaba previsto que abrira o 4 de setembro pero debido ás présas, caos deficiencias do Álvaro Cunqueiro, atrasáronse o traslado de pacientes e as urxencias.Trabajadores y pacientes dan la cara para denunciar "caos" y deficiencias en el CunqueiroEl nuevo hospital atenderá todas las urgencias del área a partir del 4 de septiembre Finalmente o servizo de urxencias abriu o día 24 de setembro.Mañana abren las urgencias en el Cunqueiro y el Xeral se cierra

As sospeitas de contaminación ambiental demoraron o proceso de posta en funcionamento, tanto polo que respecta ás operacións (a primeira estaba programada para o 31 de agosto, e non se realizou) ou para o servizo de Urxencias (programada a apertura para o 3 de setembro, que tampouco se produciu).

Neses días da inauguración producíronse declaracións de protesta e unha manifestación o 3 de setembro contra o proceso de apertura (200.000 manifestantes segundo convocantes e policía local): os manifestantes protestaban porque a inauguración non fixera na práctica aumentar o número de camas hospitalarias, o hospital non contase con laboratorio propio e porque os servizos de restauración, limpeza ou aparcadoiros fosen contratos con empresas privadas.. Neses días faleceu unha paciente hepática infectada por Aspergillus, se ben as fontes do hospital sinalaron que a infección se producira antes da hospitalización..

Transporte urbano Liñas de Vitrasa en días laborables.Servizo ós hospitais Vitrasa.

  García Barbón → Policarpo Sanz → Pi i Margall → Pza. América → Castrelos → 15px

  Gregorio Espino, 79 (Estación de autobuses) → Trav. de Vigo → Pizarro → Pza. España → Gran Vía → Pza. América → Castrelos → 15px

  Navia → Bouzas → C. Veiga → Tomás A. Alonso → r/ Coruña → Avda. Fragoso → Balaídos → Castrelos → 15px

  Pza. España → Trav. de Vigo → Martínez Garrido → Bembrive → Beade → 15px

  Meixoeiro → Avda. Madrid (Estación de autobuses) → Pza. España → Policarpo Sanz → Camelias → Pza. América → Castrelos → 15px

  Gran Vía → Pza. España → Emilia Pardo Bazán → Sárdoma → Carneiras → 15px

Sábados, domingos e festivos: Unicamente e .

Galería de imaxes miniatura|600px|center|Hospital Álvaro Cunqueiro visto dende Valadares. Notas

Véxase tamén

Outros artigos Álvaro Cunqueiro Mora Ligazóns externas SERGAS

Categoría:Hospitais de Vigo Categoría:SERGAS