Otto Kandler, nado o 23 de outubro de 1920 en Deggendorf, Baviera, Alemaña, é un botánico alemán.

Traxectoria En 1949 Kandler obtivo o doutoramento pola Universidade de Múnic e, en 1953, a habilitación como docente universitario.

Entre 1960 e 1968 foi director do Bakteriologischen Instituts der Süddeutschen Versuchs- und Forschungsanstalt für Milchwirtschaft da Universidade Técnica de Múnic.

Desde 1968 até a súa xubilación en 1986 foi profesor de botánica e microbioloxía na Universidade de Múnic.

Xunto con Carl Woese completou en 1990 a taxonomía dos organismos vivos eucariotas e procariotas nun novo sistema de tres dominios, incluíndo as arqueas e de seguinte modo:

Dominios Reinos Archaea Euryarchaeota Crenarchaeota Bacteria Bacteria Eukarya Protista Fungi Plantae Animalia

Posteriormente Kandler dedicouse á investigación dos damos dos bosques.

Pricipais obras

C. R. Woese, O. Kandler & M. L. Wheelis (1990): "Towards a natural system of organisms: Proposal of the domains Archaea, Bacteria and Eucarya·. Proc. Natl. Acad. Sci. USA Otto Kandler & Achim Trebst (1986): Archaebakterien und Phylogenie: Die Topologie der integralen Proteinkomplexe des photosynthetischen Elektronentransportsystems in der Membran / Achim Trebst. Opladen: Westdeutscher Verlag. ISBN 978-3-531-08343-8-

Notas

Véxase tamén Bibliografía Otto Kandler, ed. (1982): Archaebacteria. Stuttgart-Nova York: Gustav Fischer Verlag.

Ligazóns externas Obras de Otto Kandler Prokaryotic Small RNA Biology en Max Planck Institute for Terrestrial Microbiology. Consultada o 6 de agosto de 2014.

Categoría:Nados en 1920 Categoría:Nados en Baviera Categoría:Biólogos de Alemaña Categoría:Botánicos de Alemaña Categoría:Alumnos da Universidade de Múnic Categoría:Profesores da Universidade de Múnic