George Edward Fox, nado o 17 de decembro de 1945, é un investigador estadounidense da Universidade de Houston (Texas).

Traxectoria Fox recibiu a súa licenciatura en 1967 e alcanzou o doutoramento en 1974 en enxeñaría química, ambas as titulacións na Universidade de Siracusa (Nova York). Desde 1973 até 1977 foi investigador asociado de Carl Woese na Universidade de Illinois e, despois, profesor adxunto de Bioquímica e Ciencias Biofísicas na Universidade de Houston.

Na década de 1970, con Carl Woese, foi o primeiro científico en clasificar as arqueas como un dominio separado da vida dentro do sistema de tres dominios. Fox e Woese tamén introduciron a idea do proxenota como entidade primordial na evolución da vida. Con Woese, foi pioneiro no uso de análises comparativas na predición da estrutura secundaria do ARN. Usando análises comparativas, tamén recoñeceu as limitacións que as secuencias de ARN poderían subministrar a identificación echamente* relacionadas con especies estreitamente relacionadas.

Actualmente as súas investigacións céntranse en comprender a evolución temperá da vida. Fox sostén que un dos primeiros compoñentes da maquinaria xenética para é o ribosoma. A súa investigación está relacionada activamente na busca de indicios de vida (biosinaturas) en Marte.

Véxase tamén Bibliografía Fox, G. & Woese, C. (1975): "5S rRNA Secondary Structure." Nature 256: 505‑507. Fox, G.; Wisotzkey, J. & Jurtshuk, P. (1992): "How close is close:16S rRNA sequence identity may not be sufficient to guarantee species identity." Int J Syst Bacteriol 42: 166-160. Woese, C. & Fox, G. (1977): "Phylogenetic structure of the prokaryotic domain: the primary kingdoms." Proc Natl Acad Sci U S A 74 (11): 5088-90. Woese, C.; Magrum, L. & Fox, G. (1978): "Archaebacteria". J Mol Evol 11 (3): 245-51.

Outros artigos Arqueas Sistema de tres dominios

Ligazóns externas Páxina web de George E. Fox Consultada o 8 de agosto de 2014.

Categoría:Biólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1945