Juan José Millás, nado en Valencia o 31 de xaneiro de 1946, é un escritor e xornalista español.
Traxectoria Viviu en Madrid a maior parte da súa vida. Na súa numerosa obra, de introspección psicolóxica, calquera feito cotián pódese converter nun suceso fantástico. Na actualidade colabora en prensa e radio; as súas columnas dos venres en El País teñen un gran número de seguidores, pola sutileza e orixinalidade do seu punto de vista para tratar os temas da actualidade, así como polo seu gran compromiso social. gañou varios premios de xornalismo moi prestixiosos, como o Francisco Cerecedo 2005. No programa La ventana da Cadena SER dispón dun espazo (Venres 16:00 h) no cal anima aos oíntes a enviar pequenos relatos sobre palabras do alfabeto. Na actualidade, está construíndo un dicionario con estes relatos logrando unha numerosa participación.
En 2007, gañou o Premio Planeta con El mundo.
Obra Cerbero son las sombras (1975). Premio Sésamo Visión del ahogado (1977) El jardín vacío (1981) Papel mojado (1983) Letra muerta (1983) El desorden de tu nombre (1986) Primavera de luto (1989) La soledad era esto (1990). Premio Nadal Volver a casa (1990) Ella imagina (1994) Tonto, muerto, bastardo e invisible (1995) Algo que te concierne (1995) Trilogía de la soledad (1996) El orden alfabético (1998) No mires debajo de la cama (1999) Dos mujeres en Praga (2002) Cuentos de adúlteros desorientados (2003) Hay algo que no es como me dicen: El caso de Nevenka Fernández contra la realidad (2003) Todo son preguntas (2005) El mundo (2007) Lo que sé de los hombrecillos (2010). Vidas al límite (2012) La Mujer Loca (2014)
Véxase tamén
Categoría:Escritores da Comunidade Valenciana Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Xornalistas da Comunidade Valenciana Categoría:Premio Nadal Categoría:Nados en Valencia Categoría:Nados en 1946 Categoría:Premio Nacional de Narrativa de España