O quiasmo é un procedemento morfosintáctico de repetición empregado na poesía que consiste en repetir unha secuencia invertendo a orde dos seus elementos:
Exemplos En "Campanas de Bastavales" (Cantares Gallegos, Rosalía de Castro):
corren nubes, nubes corren
Obsérvese que tamén hai epanadiplose e epanalepse.
En "Campanas de Bastavales" (Cantares Gallegos, Rosalía de Castro):
¡ai! uns amores toliños ¡ai! uns toliños amores
Véxase tamén Figura estilística
Categoría:Retórica e figuras da lingua