A Universidade de Santiago de Compostela (USC) é unha institución universitaria con sede en Santiago de Compostela. As súas orixes datan de finais do século XV, sendo a primeira universidade fundada en Galiza e a sexta en España.

Porén, non hai unanimidade nas datas de fundación das universidades españolas. Uns consideran a fundación como o momento no que se instauran algún tipo de estudos, segundo este criterio a USC fúndase en 1495, o que a converte na sexta universidade española máis antiga despois das de Salamanca, Complutense, Valladolid, Barcelona e Zaragoza.Precedencia de las universidades españolas en protocolo.org Outros toman como data fundacional o ano en que é recoñecida pola Igrexa ou algunha autoridade civil, de acordo con este criterio a USC foi fundada en 1504 pero continúa sendo a sexta máis antiga de España gañando en antigüidade á de Zaragoza mais perdéndoa coa de Valencia.Fundación de las universidades españolas actuales na web da Universidade de Sevilla.

En 1990 a partir da Universidade de Santiago creáronse as Universidades da Coruña e de Vigo. No ano 2012 contaba con dous campus universitarios (Campus de Santiago -dividido en Histórico, Norte e Sur-, e Campus de Lugo) cun total de 23 facultades e 2 escolas técnicas superiores.Relación de Centros da USC

Durante o curso 2011-12 o número de estudantes matriculados ascendía a 28.138, dos cales 24.758 correspondían a titulacións oficiais do 1º e 2º ciclos e grao, 1.677 a másteres oficiais e 1.703Datos provisionais a 21/03/2012 a outros estudos (titulacións e másteres propios, cursos de especialización, cursos de formación continua e 4º ciclo).

En abril de 2018 foi elixido reitor o xurista Antonio López. O 11 de marzo de 2026 Rosa Crujeiras Casais, catedrática de Estatística, foi elixida reitora da USC, tomando posesión ao mes seguinte, o 10 de abril; trátase da primeira muller en ser reitora da USC nos seus 531 anos de historia.

Historia Orixes Entrada principal do Colexio de San Xerome, sede do reitorado.|222px|miniatura A finais do século XV o notario e rexedor compostelán Lopo Gómez de Marzoa promoveu a creación en Santiago dun Colexio de Estudantes Pobres, motivo polo cal se dirixiu ao abade do bieito mosteiro de San Martiño Pinario frei Juan de Melgar na procura do seu apoio.

Deste xeito o 4 de setembro de 1495 outorgáronse as escrituras de doazón (a dos relixiosos en castelán e a do notario en galego) nas que se fixaron as contribucións económicas que debían as partes para a fundación. Os de San Martiño doaron como sede o convento de San Paio, agás a igrexa, e o notario doou bens por un valor total de 50.000 marabedís de renda anual.

Pero este estudio de San Paio tivo unha vida moi curta xa que o 18 de xullo de 1499 os relixiosos, en capítulo presidido polo prior xeral e reformador xeral da orde de San Bieito para o Reino de Galiza, acordaron anular o contrato e instalar en San Paio ás monxas bieitas de Galiza.

O Estudio Vello O 17 de xullo de 1501 de novo Lopo Gómez de Marzoa xunto con Diego de Muros II, bispo das Canarias, e Diego de Muros III, deán de Santiago, fixeron unha segunda fundación, na que configuraron un Estudio Xeral coa súa propia normativa e a súa sede nunha casa da Rúa Nova onde se impartiron clases de gramática e unha cátedra de Canons. No ano 1504 unha bula do papa Xulio II confirma a fundación do devandito estudio. Este estudio foi absorbido polo Colexio de Santiago Alfeo no ano 1542, tras o pasamento do seu único catedrático Pedro de Victoria, considerado primeiro reitor da Universidade de Santiago.

A fundación de Alonso III de Fonseca miniatura|Estatua de Alonso III de Fonseca no claustro do Colexio de Santiago Alfeo, obra de Ramón Conde. No ano 1522 Alonso de Fonseca comeza a xestionar a creación dun Colexio Novo, ao que denominaría de Santiago Alfeo, que foi aprobado por medio dunha bula do papa Clemente VII o 15 de marzo de 1526 outorgándolle os mesmos privilexios que o colexio fundado polo cardeal Cisneros en Alcalá de Henares.

Fixou o proxecto no seu testamento de 1531, incluíndo a dotación ós executores e ó proxecto de construción, pero á súa morte no ano 1534 aínda non se puxera en marcha. Nos anos 1551 e 1552 algúns testamenteiros reuníronse co patrón do colexio, o conde de Monterrei, co obxecto de pór en marcha o colexio. O edificio xa estaba feito pero carecían da normativa organizativa, polo que chegaron a valorar a entrega da institución aos xesuítas para que fosen eles os que a organizasen. Finalmente, o 25 de outubro de 1553 promulgaron as primeiras ordenanzas, pero estas non chegaron a aplicarse. Xa había tempo que o Colexio de Santiago Alfeo estaba construído nos terreos doados polo propio Fonseca do solar familiar na Rúa do Franco.

As reformas de Cuesta e Portocarrero As liortas entre os partidarios de entregar a institución aos xesuítas, principalmente o arcebispo Xoán Álvarez de Toledo, e os testamenteiros fixo que o cabido recorrese á arbitraxe de Filipe II. Este, por medio da provisión real do 26 de xuño de 1555, encomendoulle ao doutor Andrés Cuesta o estudio e reorganización do colexio. Seguindo a encomenda organizou o Colexio de Santiago Alfeo diferenciándoo da propia Universidade. Só os colexiais do devandito colexio podían obter os graos académicos tendo que esperar á consolidación definitiva ata o 10 de decembro de 1567, cando o Consello Real estableceu as gradacións da Universidade de Santiago de Compostela. A coroa foi desde entón o principal patrón da institución.

No ano 1577 solicitouse de novo a intervención da Coroa para reformar os estatutos da universidade. A consecuencia foi a visita de Pedro Portocarrero e a posterior aprobación da súa reforma en outubro de 1588. Nela especificábanse mais polo miúdo as competencias e funcións dos diferentes órganos e establecíase a residencia para teólogos e xuristas no colexio maior de Santiago Alfeo e a dos artistas no de San Xerome, deixándolle a ensinanza da Gramática á Compañía de Xesús.

Ao longo do século XVI chegaron durante varios cursos aos 3.000 estudantes, que procedían principalmente de Galiza e Asturias.

No século XVII consolidouse coa incorporación das facultades de Leis e Medicina ás xa existentes de Artes, Teoloxía e Canons, e contou con ata cinco colexios: o de Santiago Alfeo, o de San Xerome, o de San Clemente, o de San Patricio dos Irlandeses e o efémero de San Salvador. A fins deste século non chegaba a 300 o número de estudantes.

A Universidade Ilustrada miniatura|Retrato feito por Goya de Carlos III, quen nomea rexia á Universidade de Santiago (Museo do Prado). Durante a maior parte do Antigo Réxime a universidade galega vai permanecer cinguida nos seus moldes escolásticos e tradicionais, inmune aos aires renovadores da Ilustración que influíron, aínda que levemente, noutras universidades españolas. O colexio maior de Santiago Alfeo ou de Fonseca, reduto das principais familias do reino, exercía un control case absoluto na adxudicación das cátedras (entre 1685 e 1748 coparon o 74% delas). Mesmo chegouse a abandonar a cátedra de Matemáticas, fundada en tempos de Filipe II, por considerar o ensino desta disciplina perigoso e inútil.

A pesar de todo, o século XVIII trae a Compostela tímidos aires renovadores. A raíz dun informe sobre a situación da universidade de Santiago, presentado en 1747 polo xesuíta Carral, prodúcense algúns cambios que limitan o poder dos colexios maiores (fiscalízanse as súas contas e redúcese o seu poder no claustro) e completan o proceso de secularización da institución ao afastala do control eclesiástico.

Pouco despois, en 1751, Carlos III, promulga as Providencias Reais polas cales a Universidade de Santiago de Compostela é nomeada rexia e engade ao seu escudo a coroa real sobre as armas dos reinos de Castela, León e Galiza e xunto aos emblemas heráldicos dos seus fundadores. O máis salientable destas Providencias no aspecto académico é a instauración das ensinanzas de Anatomía e Matemáticas, debendo rexerse ambas as dúas polos novos criterios experimentais.

O 2 de abril de 1767 o rei Carlos III asina o decreto de expulsión dos xesuítas. O patrimonio desta orde en Santiago de Compostela pasaba por mandato real á Universidade e constituía o centro da nova universidade ilustrada. Recuperábanse tamén disciplinas cedidas a ordes relixiosas.

En 1772, ao amparo do reformismo universitario impulsado desde Madrid por Campomanes, o claustro compostelán solicita a creación dunha cátedra de Física experimental, aínda que terá que esperar algúns anos para a súa instauración definitiva.

Século XIX miniatura|250px|Placa en lembranza do Batallón Literario na praza da Quintana de Santiago de Compostela. Comeza o século XIX con aires renovadores. En 1807 promúlgase o Plan Xeral de Universidades, coñecido como Plan Caballero, por ser José Antonio Caballero, ministro de Graza e Xustiza, o seu impulsor. Este plan pretendía unha maior uniformidade no ensino de todas as universidades españolas desbotando algunhas ensinanzas anacrónicas. En Santiago de Compostela o Plan Caballero provocou acaloradas discusións entre quen o rexeitaba, como Teoloxía e Leis, e quen o apoiaba, como Artes. Finalmente a universidade acatou o plan, mais non tivo tempo de aplicalo inmediatamente por mor da invasión francesa.

A guerra da Independencia tivo unha fonda repercusión na vida universitaria. En 1808 a Universidade de Santiago quedou practicamente baleira de estudantes que se incorporaron ao Batallón Literario. Aínda así non se suspenderon as clases que continuaron até xaneiro de 1809, cando entran os franceses na cidade e ocupan as dependencias universitarias, o que provoca o peche da universidade. Os órganos de goberno continúan reuníndose noutras dependencias pero cando en xuño de 1809 son expulsados os franceses, non foi posible retomar a vida académica, non só porque a maioría dos estudantes estaban na fronte, senón tamén pola ruinosa situación en que quedaran as dependencias universitarias. Cando en 1810 estaba todo preparado para a reapertura, unha lei promulgada polo Consello Supremo de Rexencia suspendía o ensino de todas as materias que non tiveran por obxecto a guerra e calquera inmediata relación con ela. Ademais en Santiago correuse o rumor de que o goberno quería pechar definitivamente a Universidade de Santiago por acusala inxustamente de afrancesada. Foi necesario enviar a Cádiz, onde estaban as Cortes e o Consello Supremo de Rexencia, ao catedrático e encargado da biblioteca universitaria, Joaquín Maróa Patiño, quen foi informado de non teren fundamento os rumores de peche, conseguindo que se reabrise a universidade en 1811.

Aproveitando a restauración do absolutismo por Fernando VII, os sectores conservadores da universidade fixeron presión sobre o claustro para solicitar ao monarca a volta ao plan de 1772, que o rei concede o 14 de setembro de 1818.

Durante o Trienio liberal promulgouse un novo Regulamento Xeral de Instrución Pública en 1821, que apenas entrou en vigor. Nel recollíanse os catro dogmas liberais: uniformidade, gratuidade, liberdade e publicidade.

A volta ao conservadorismo veu co Plan Calomarde de 1824, chamado así por Tadeo Calomarde, o ministro de Graza e Xustiza que o sancionou; aínda que o principal redactor foi o freire mercedario galego Manuel Martínez Ferro. O Plan Calomarde caracterizábase polo seu centralismo, o control ideolóxico e político, a defensa da ortodoxia, e a tutela represora sobre alumnado e profesorado. En Compostela foi acatado sen discusión, sendo dunha gran pobreza intelectual os informes redactados, que contrastan chamativamente cos redactados para o plan de 1807. Isto non é de estrañar dada a depuración que se fixo na universidade despois da fin do Trienio liberal.