San Pedro de Outes é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Outes na comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2020) ten 677 habitantes (317 mulleres e 360 homes) distribuídos en 21 lugares No Nomenclátor da Xunta de Galicia , A Serra de Outes figura como un lugar desta parroquia. Porén, no nomenclátor do Instituto Galego de Estatística figura como unha entidade singular de poboación (pola súa poboación e polo seu carácter urbano), fóra da entidade colectiva de Outes. Os datos da poboación desta parroquia veñen da suma dos datos poboacionais da parroquia de Outes e dos da entidade singular da Serra de Outes procedentes do nomenclátor do IGE..
A capital do concello de Outes, áchase no lugar desta parroquia da Serra de Outes, única entidade de poboación do concello con categoría de entidade singular (urbana).
Patrimonio A Igrexa parroquial de San Pedro foi construída a principios do século XVIII polo marqués da Sierra. De planta de cruz latina posúe catro altares laterais e o altar maior.
Lugares e parroquias Lugares de Outes
Parroquias de Outes
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Outes
Categoría:Parroquias de Outes Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro