San Nicolao de Cis é unha parroquia que se localiza no concello de Oza Cesuras. Segundo o padrón municipal de 2017 tiña 244 habitantes (130 homes e 114 mulleres) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 273 habitantes.

Cultura Topónimo Cis podería ser un antropónimo prerromano que xorde antes do século III. Porén, hai suxestións de que podería ser tamén un topónimo latino procedente de cinis, ou cinzas.

Patrimonio Na parroquia fundouse o mosteiro de San Salvador de Cis, do que só se conserva a igrexa monacal. A actual igrexa parroquial de San Nicolao naceu como templo adxunto ao mosteiro.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Cis

Parroquias de Oza Cesuras

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Oza Cesuras

Categoría:Parroquias de Oza Cesuras Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Nicolao Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía