San Tirso de Cando é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Outes. Segundo o padrón municipal (INE 2024) ten 658 habitantes (321 homes e 337 mulleres) distribuídos en 16 entidades de poboación.
Xentilicio O seu xentilicio é candolo.
Territorio
É unha das parroquias máis grandes do concello de Outes. Está separada do concello de Noia polo río Tambre. Existen varias pontes que atravesan o río, como a Ponte Colgante, na central hidroeléctrica; a Pontenafonso e a Ponte de Ceilán.
As entidades de poboación existentes na parroquia son: A Toxeira (a parte outiense da Ponte Nafonso). Está situada entre a Ponte e o paseo fluvial da localidade. Ten todos os bares da parroquia dende xaneiro de 2018, cando cerrou o Bar Fernando, en Cando de Arriba. Na Toxeira tamén se teñen celebrado varias competicións de piragüismo organizadas polo club Taxamar. A Corga. Esténdese pola ribeira do último quilómetro do río Donas antes da súa desembocadura. Neste pobo está o supermercado Bonsai, o único da parroquia. Vilardigo. É a aldea desta parroquia máis occidental. Está composta por varias casas dispersas en varios grupos, un na zona noroeste, outro na zona nordeste, e outro na zona sur, con varias vivendas que numerosos habitantes consideran de Vilardigo e outros da Toxeira. Cancelo. É unha aldea moi pequena que cadra de camiño entre a Corga e Cando, está composto por apenas 10 casas, das cales 2 están deshabitadas, e unha desas está a venda. Bocadroña. A carón do río Tambre e do río Donas. Tamén se chama vulgarmente Boca de Oroña e, outras persoas, considérano parte de Cando. O Pumar. Tamén coñecido como Loureiro, é un pobo moi pequeno, pero a súa vez e moi famoso, xa que alí atópase o Pazo do Tambre. Ademais, é a aldea máis próxima a Igrexa de San Tirso de Cando. Vilar. Está na cima da elevación que existe entre o regueiro dos Laxosos e o río Tambre. Preto desta aldea atópase a ponte colgante que une Outes coa central hidroeléctrica. Carballido. Está a medio camiño entre Filgueiro e O Pumar, ten arredor de 5 casas. Filgueiro. Está separado de Cando polo Regueiro dos Laxosos, é un núcleo pequeno que non chega aos 10 domicilios. Insua. É unha aldea composta por 4 domicilios, é tamén a localidade outiense que está situada máis ao leste. O único acceso a aldea é unha estrada que parte dende Vilar. Cando de Abaixo. Esténdese polo suroeste de Cando, tamén está formado por varios domicilios no centro de Cando. É unha aldea un pouco máis pequena que Cando de Arriba. Nalgúns mapas, Cando de Abaixo e Cando de Arriba forman unha única aldea. Cando de Arriba. É a aldea máis poboada da parroquia, e a súa vez, xunto con Cando de Abaixo, conforma a capital da parroquia. O Gallardo. Aldea moi pequena, que nin chega a 5 domicilios. Está ao lado de Cuns. Cuns. É a última aldea do concello antes de chegar ao concello de Negreira. O Formigueiro de Abaixo. Está composto por unha única casa, situada preto do río Donas. O Formigueiro de Arriba. Tamén ten unha soa casa, que permanece deshabitada durante a maior parte do ano, o que xera dúbidas ao contar esta aldea como núcleo de poboación habitado.
Acontecementos históricos O 18 de xaneiro de 1994 tivo lugar o evento de Cando, unha grande explosión que a día de hoxe aínda non ten unha explicación científica clara.
Monumentos Pedra Serpal Miradoiro do Castelo Pazo do Tambre Ponte Nafonso
Galería de imaxes
Notas
Lugares e parroquias Lugares de Cando
Parroquias de Outes
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Outes
Categoría:Parroquias de Outes Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Tirso