A Junta Española de Liberación (JEL) foi unha institución creada por parte do exilio español republicano despois da Guerra Civil, que trataba de ser unha alternativa para a formación dun goberno republicano máis integrado que o representado polas alternativas comunistas. Fundouse en México en 1943, e formaron parte dela o Partido Socialista Obrero Español, Izquierda Republicana, Esquerra Republicana de Catalunya, Acció Republicana de Catalunya e Unión Republicana. Desapareceu o 31 de agosto de 1945.

Historia e características Presidida primeiro por Diego Martínez Barrio e despois por Félix Gordón Ordás, sendo Indalecio Prieto o seu Secretario Xeral, tratou de contrarrestar a Unión Nacional Española, dirixida polo Partido Comunista de España e encabezada por Juan Negrín. O seu maior logro foi conseguir que a Carta das Nacións Unidas elaborada en San Francisco incluíse unha emenda que impedía o acceso aos organismos internacionis aos estados e réximes constituídos co apoio das potencias nazi-fascistas.Documentos de la Junta Española de Liberación do Archivo de Carlos Esplá, conservado na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Goberno no exilio de José Giral

Categoría:Segunda República Española