A prosa espontánea (ou en inglés, kickwriting) é unha técnica literaria impulsada polo escritor norteamericano da xeración Beat, Jack Kerouac. Este estilo literario tiña como influencia a música jazz (especialmente e xénero bebop) e as teorías budistas.
A novela estandarte da prosa espontánea é On the Road (No Camiño), do propio Kerouac.
Características Entre os principios da prosa espontánea, destacan: Ter un estado mental en transo, esquecendo ou deixando de lado a conciencia, focalizando desde o centro cara á periferia. Evitar as ideas preconcibidas, a mellor literatura é a máis dolorosa. Evitar as comas tímidas e innecesarias, tomar de referencia o fraseo e os momentos de respiración dos músicos de jazz.
Véxase tamén
Outros artigos Xeración Beat Jack Kerouac Ligazóns externas Páxina sobre Jack Kerouac .
Categoría:Literatura