A dos aristeidos (Aristeidae) é unha familia de crustáceos decápodos carideos pertencente á superfamilia dos peneoideos.

Como os peneidos, son crustáceos moi apreciados na cociña e as máis famosas gambas forman parte desta familia. Aristeus antennatus, coñecida como gamba vermella ou gamba rosada, é unha das especies máis apreciadas.

Características As principais características dos membros desta familia son:

Presentar pedúnculos oculares con tubérculos nas marxes internas. Sucos cervicais que se estenden até a liña media dorsal (ou ás súas proximidades) na casca. Endópodos do segundo par de pleópodos dos machos cun apéndice masculino e un apándice interno, pero non presentan proxecións laterais (por este carácter difiren tanto dos peneidos como dos solenocérídos Dúas artrobranquias ben desenvolvidas nos dous lados do penúltimo segmento torácico.

Teñen unha cor vermella escura, e non viven máis de dous anos. As femias son máis grandes que os machos. En xeral adoitan vivir a gran profundidade, incluso na rexión abisal. Forman grandes concentracións, o que fai que ao seu interese gastronómico se lle engade un especial interese comercial.Història Natural dels Països Catalans. Enciclopèdia Catalana. Vol 9, "Artròpodes I", p. 343.

Taxonomía A familia foi descrita en 1981 por James Wood-Mason, na obra: Wood-Mason, J. & Alcock, A. (1891): "Natural history notes from H.M. Indian marine survey steamer 'Investigator', Commander R.F. Hoskyn, R.N., commanding". Series II, No. 1. On the results of deep-sea dredging during the season 1890-1891. Ann. Mag. Nat. Hist. VIII, Sixth series (XLVI): 268-286.Aristeidae Wood-Mason in Wood-Mason & Alcock, 1891 no WoRMS.

Xéneros Esta familia comprende os seguintes xéneros: Aristaeomorpha Wood-Mason, 1891 Aristaeopsis Wood-Mason, 1891 Aristeus Duvernoy, 1840 Austropenaeus Pérez Farfante et Kensley, 1997 Cerataspis Gray, 1828 Hemipenaeus Bate, 1881 Hepomadus Bate, 1881 Parahepomadus Crosnier, 1978 Plesiopenaeus Bate, 1881 Pseudaristeus Crosnier, 1978

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Costello, M. J., Emblow, C. & White, R. J. (eds.) (2001): European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50. ISBN 2-85653-538-0. Fischer, W. & G. Bianchi (1984): "FAO Species identification sheets For Fisheries Purposes: Western Indian Ocean". Capítulo: Aristeidae, Aristeid shrimps. Roma: FAO. Ver en PDF. Holthuis, L. B. (1980): Shrimps and Prawns of the World. An Annotated Catalogue of Species of Interest to Fisheries. FAO species catalogue, volume 1, número 125. FAO Fisheries Synopsis. Ver en PDF Holthuis, L. B. (1993): The recent genera of the Caridean and Stenopodidean shrimps (Crustacea, Decapoda): with an appendix on the order Amphionidacea. Leiden: Nationaal Natuurhistorisch Museum. ISBN 90-73239-21-4. Raabe, Charles & Linda Raabe (2008): "The Caridean shrimp: Shrimp Anatomy - Illustrations and Glossary". Tavares, Carolina & Joel W. Martin (2010): "Suborder Dendrobranchiata Bate, 1888", en F. R. Schram, J. C. von Vaupel Klein, J. Forest & M. Charmantier-Daures (eds.) Treatise on Zoology – Anatomy, Taxonomy, Biology – The Crustacea. Volume 9A Eucarida: Euphausiacea, Amphionidacea, and Decapoda. Brill Publishers. ISBN 978-90-04-16441-3. PDF. Tavares, Marcos Domingos: Shrimps. FAO species identification sheets for fishery purposes. Roma: FAO. Ver en PDF .

Outros artigos Gamba (crustáceo) Carideos Marisco

Ligazóns externas Aristeidae, gamba prawns, gamba shrimps en Animal Diversiry Web Consultada o 17 de agosto de 2014. Aristeidae no NCBI.

Categoría:Carideos Categoría:Alimentación Categoría:Produtos da pesca