A chantaxe maior, correola ou lingua de vaca, Plantago major, é unha especie de planta herbácea natural de toda Europa, Norteamérica, norte de África e Asia occidental onde crece en terreos incultos, baldíos terrapléns e taludes. miniatura|Ilustración miniatura|Inflorescencia miniatura|Vista da planta Características É unha planta herbácea perenne co talo non ramificado. Alcanza os 3-5 dm de altura. Ten un rizoma curto con moitas pequenas raíces de cor amarela. As follas, algo dentadas, saen dunha roseta basal con 3 a 6 nervacións lonxitudinais que se estreitan e continúan no pecíolo, ten un limbo oval. As flores, de cor verde esbrancuxada, prodúcense en densas espigas cilíndricas que aparecen en maio-outubro. O froito é un pixidio. As sementes son de cor parda.

Propiedades Contén mucilaxes e ácido silícico que se utiliza como remedio pectoral. É diurético, expectorante, emoliente e cicatrizante. Utilízase en decocción, xarope ou extracto fluído para combater os catarros, bronquites e asma Por vía externa en forma de compresas para tratar queimaduras e úlceras. En gargarismo alivia as anxinas. En colirios úsase para a conxuntivite e a inflamación das pálpebras. Ecoloxía Esta especie serve de alimento para as larvas da couza Athetis pallustris. Taxonomía Plantago media foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 112. 1753. Etimoloxía Plantago: nome xenérico que deriva de plantago = moi principalmente, nome de varias especies do xénero Plantago L. (Plantaginaceae) –relacionado coa palabra latina planta, -ae f. = "planta do pé"; pola forma das follas, segundo din–. Así, Ambrosini (1666) cóntanos: “É chamada Plantago polos autores latinos, vocábulo que toman da planta do pé (a causa da largura das súas follas, que recordan a planta do pé; e así mesmo, porque as follas teñen liñas como feitas con arado, semellantes ás que vemos na planta do pé)”En Flora Vascular

major: epíteto latino que significa "maior". Citoloxía Número de cromosomas de Plantago major (Fam. Plantaginaceae) e táxons infraespecíficos: n=6; 2n=12Números cromosómicos para la flora española, 141-149. González, F. & S. Silvestre (1980) Lagascalia 9(2): 261-266

Sinonimia Plantago borysthenica Wissjul. Plantago dregeana Decne. Plantago latifolia Salisb. Plantago major fo. scopulorum Fries Plantago major var. borysthenica Rogow. Plantago officinarum Crantz Plantago sinuata Lam. Variedades Plantago major subsp. major Plantago major subsp. intermedia (DC.) Arcang. Plantago major subsp. winteri (Wirtg.) W.Ludw.

Nome común Galego: chantage, chantasia, chantaxa, chantaxe, chantaxe maior, chantaxe mayor, chante, chantá, chantán, chinchagem, correola, lengua de boei, lentén, lingua de vaca, llantén, llantén mayor, setecostas, tanchagem-maior, tantage, tantaxe.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

GRIN taxonomía Llantén mayor en Natureduca.

major Categoría:Plantas medicinais Categoría:Flora de Europa Categoría:Plantas descritas en 1753