O cangrexo real VV. AA. (2012): Dicionario de alimentación e restauración, pax. 65. Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega. ISBN 978-84-453-5056-0Lahuerta, F. e Vázquez, F. X. (2000), p. 208.Cangrexo real Chaceon affinis en confrariasgalicia.org (Chaceon affinis) é unha especie de crustáceo decápodo braquiúro da familia dos xeriónidos.

Taxonomía A especie foi definida en 1894 por Alphonse Milne-Edwards e Eugène Louis Bouvier, co nome de Gerypon affinis.Geryon affinis A. Milne-Edwards & Bouvier, 1894 no WoRMS.

Durante moito tempo coñeceuse polo seu sinónimo Geryon affinis,Chaceon affinis (A. Milne-Edwards & Bouvier, 1894) no WoRMS até que hai pouco foi reclasificada dentro do xénero Chaceon.

Hábitat e distribución O cangrexo real é unha especie de profundidade, entre os 400 e os 2000 m de profundidade, e sobre todo tipo de substratos, que habita nas costas do Atlántico oriental, desde Islandia até o oeste de África, incluíndo as illas Azores, Madeira, Canarias e Cabo Verde, até Suráfrica, e na coata leste de Norteamérica, nas do océano Índico e nas de Australia.González Gurriarán, Eduardo e Matilde Méndez G. (1985), p. 129. (Citado como Geryon affinis)Manning, R. B. & Holthuis, L. B. (1981): West Africa Brachyuran Crabs (Crustacea: Decapoda) . Smithsonian Contributions to Zoology, Nº 306. Washington, USA; Smithsonian Institution Press.

Características As principais características morfolóxicas do cangrexo real son: Casca de forma hexagonal, máis larga que longa, de entre 13 a 15 cm de anchura, nos machos. Marxes anterolaterais do cacho con cinco dentes pouco desenvolvidos. Marxes posterolaterais longas, case rectas e converxentes. Rexión frontal con dous dentes ou lóbulos estreitos. As anténulas repréganse transveralmente oblicuas. O artello basal daa antenas é máis longo que largo. Os quelípodos son moderadamente grosos, e algo desiguais. Os pereiópdos do 2º ao 5º par son longos e moderadamente delgados, sendo os do 3º e o 4º loxeiramente máis longos que o resto. O abdome presenta todos os segmentos libres en amos os dous sexos. O primeiro pleópodo do macho é robusto e curto, coa punta curvada cara a fóra.; a parte basal é ancha e vai estreitándose gradualmente.

En Galicia En Galicia encóntrase en abundancia no banco de Galicia, a 100 millas de Fisterra, onde se apañaron exemplares de tamaños que oscilaban entre os 9 e os 19 cm de anchura do cacho, e que foron capturados a uns 700 m de profundidade con nasas e accidentalmente con palangre.

Segundo o investigador Germán Pérez-Gándaras Pedrosa, do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, esta especie podería ser potencialmente explotábel, cara á súa comercialización para o consumo.

De feito, a partir do ano 1999 as súas capturas son significativas. Para pescalo hai barcos especialmente preparados con nasas específicas de maior tamaño que as habituais. Ocasionalmente encallan nas raeiras.

O tamaño mínimo permitido para a súa captura é de 10 cm.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía González Gurriarán, Eduardo e Matilde Méndez G. (1985): Crustáceos decápodos das costas de Galicia. I. Brachyura. Publicacións do Seminario de Estudos Galegos. Sada (A Coruña): Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-242-9. Lahuerta, F. e Vázquez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8. Türkay, M. (2001): "Decapoda", en: Costello, M. J. et al., eds. (2001): European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50. ISBN 2-85653-538-0.

Outros artigos Marisco

Ligazóns externas Cangrexo real Chaceon affinis (A. Milne Edwards e Bouvier, 1894) en confrariasgalicia.com Consultada o 20 de agosto de 2014.

Categoría:Braquiúros Categoría:Crustáceos de Galicia Categoría:Marisco Categoría:Crustáceos do océano Atlántico Categoría:Animais descritos en 1894