O banco de Galicia é un monte submarino situado no océano Atlántico, que se encontra a uns 180 km ao oeste da costa galega de Fisterra e que varía na súa profundidade entre os 650 e 1500 metros. Ten puntos de caídas abruptas que chegan aos 5000 metros. Está declarado como Zona especial de conservación (ZEC) e zona de especial protección para as aves (ZEPA). O afundimento do Prestige fixo que se investigase esta rexión que case se descoñecía e se inciase a súa declaración como lugar de importancia comunitaria (LIC).

Xeografía A zona menos profunda ten unha extensión duns 6 200 km², e un canal duns 2 500 m de profundidade separa o banco da plataforma continental. De forma irregular, na zona leste elévase un pico duns 600 m e ao norte-noroeste descende en suave pendente desde os 1 000 m até a zona abisal, a 5 000 m de profundidade.

O monte está formado por lava basáltica da codia oceánica, recuberta por sedimentos formados sobre todo pola acumulación de cascas de foraminíferos.

Flora e fauna O banco de Galicia conforma un ecosistema de alta riqueza en especies. A estrutura das comunidades ecolóxicas son significativamente distintas das da plataforma continental e dos fondos abisais.

Fauna bentónica As correntes mariñas na plataforma favorecen a presenza de organismos bentónicos filtradores.

A macrofauna do bentos filtradores están as esponxas, os corais e gorgonias e os estrelas de mar. Nas zonas máis profundas acháronse un elevado número de asteroideos. Entre de varias especies carnívoras, sobre todo crustáceos. Destaca polo seu interese pesqueiro o cangrexo real (Chaceon affinis).

As especies de coral abundan, e están presente especies como Lophelia pertusa, que son característico das augas frías. Esta especie dálle medio a outras especies para aloxarse nas súas "cristas", co que favorece o asentamento dunha importante diversidade neste monte submarino.

Fauna abisal e peláxica Alí habitan 86 especies de peixes, entre elas 11 de elasmobranquios (tiburóns e raias), entre eles Dalatias licha e Dipturus batis (Raja batis Linnaeus), esta última proposta como especie ameazada polo convenio OSPAR para o Atlántico noroeste. Entre os teleósteos destacan, entre outros, o tomás (Epigonus telescopus), Lepidion eques, Malacocephalus laevis e Trachyscorpia cristulata. Hai cetáceos, tartarugas e aves mariñas asociadas a este banco galego.

Conservación Impactos antrópicos A información sobre o banco de Galicia e os seus ecosistemas é aínda escasa, e só se realizaron unhas poucas investigacións biolóxicas in situ. O impacto ambiental antrópico (o causado polo ser humano) no banco, por exemplo por explotación pesqueira non foi aínda avaliado con detalle. En xeral, estaría relacionado coa pesca de crustáceos e de tiburóns en augas profundas con palangre. Porén, esta carencia de información non debe levarnos a asumir de que non sexa necesaria ningunha medida de protección. Propostas de protección Actualmente non hai ningunha regulación específica ou limitación para ningún tipo de uso do banco. Aínda máis, as prioridades do goberno de España en termos de pescarías e de conservación dos recursos naturais en mar aberto non están claras debido á repartición de competencias entre os gobernos autonómicos e o Estado.

Polas súas características de barreira, o banco de Galicia está cualificado para ser unha Área de Especial Conservación pola Directiva Europea de Hábitats, polo que o Fondo Mundial para a Natureza (WWF) instou ao goberno español a que asuma as súas competencias en canto á conservación, e para que inicie os trámites oportunos para cumprir coa citada directiva, e cumprir ao establecemento definitivo da rede europea de espazos naturais coñecida como Rede Natura 2000.WWF (2001).

Nun seguinte paso, o WWF propón que o banco de Galicia sexa designado como Área Mariña Protexida baixo o Convenio de OSPAR.OSPAR Commision (2000).

Notas

Véxase tamén Bibliografía Flach, E. et al. (2002): Meiofauna and macrofauna community structure in relation to sediment composition at the Iberian margin compared to the GobanSpur (NE Atlantic). Progress in Oceanography, 52 (2): 433-457.}. Consultada o 23 de agosto de 2014. OSPAR Commision (2000): Quality Statius Report 2000, Region V Wider Atlantic. Londres: OSPAR Commision. (Ver en PDF). Consultada o 23 de agosto de 2014. Piñeiro, C. G. el al. (2001): Results of Eploratory Deep-Sea Fiching survey in the Galician Bank: Biological Aspects on some of Seamount-associated Fish (ICES Division IXb). NAFO SCR Doc. 01/146. Tyler, P. A. & Zibrowius, H. (1992): "Submersible observations of the invertebrate fauna on the continental slope southwest of Ireland (NE Atlantic Ocean)". Oceanol. Acta 15 (2): 211-226. WWF (2001): Imnplementation of the EU Habitats Directive: Offshore SACs for Reefs and Sanbankx. A report by WWF UK.

Outros artigos Cangrexo real Chaira abisal Monte submarino O Gran Burato

Ligazóns externas Relevo do banco de Galicia en WWF

Categoría:Oceanografía Categoría:Océano Atlántico Banco de Galicia