Manuel María García Castro, nado na Órrea (Riotorto) en 1873 e finado no mesmo concello en 1949, foi un agrarista, escritor e xornalista galego.

Traxectoria Estudou no Seminario de Mondoñedo. Labrego propietario. Foi redactor e colaborador do periódico El Agricultor onde escribiu versos en galego e castelán utilizando os pseudónimos Feliciano e Xan Paga. Foi concelleiro de Riotorto dende 1912. Foi Xuíz municipal suplente de Riotorto (1916-1919). Foi de novo concelleiro e 2º Tenente alcalde en 1923.

Das súas relacións con Antonia Díaz Díaz naceu Avelino Díaz, aínda que non recoñeceu ao neno. Casou en 1912 con Dominica Carballeira Ramallal. Viúvo, casou en segundas nupcias con María Rivas López.

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Personalidades do agrarismo Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Xornalistas de Riotorto Categoría:Concelleiros de Riotorto Categoría:Nados en Riotorto Categoría:Nados en 1873 Categoría:Finados en 1949 Categoría:Concelleiros de Galicia durante a Restauración Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes