O virus Sudán (Sudan virus, SUDV) é un ebolavirus pertencente á especie Ebolavirus Sudán (Sudan ebolavirus), clasificado no xénero Ebolavirus, familia Filoviridae, orde Mononegavirales. O SUDV é o único "virus" membro da súa "especie". É un parente próximo do máis coñecido virus Ebola (EBOV). Igual que outros ebolavirus, o SUDV causa unha enfermidade grave en humanos e (experimentalmente) en primates non humanos chamada enfermidade do virus Ebola que é unha febre hemorráxica viral. O SUDV considérase un axente selectivo, un patóxeno do grupo 4 da Organización Mundial da Saúde, que require bioseguridade de nivel 4, un patóxeno prioritario de categoría A dos NIH/Instituto Nacional da Alerxia e Enfermidades Infecciosas dos Estados Unidos, un axente de bioterrorismo de categoría A dos CDC dos Estados Unidos, e está na lista dos axentes biolóxicos para o control da exportación do grupo Australia.
O virus Sudán foi descrito por primeira vez en 1977, e o seu nome deriva de que se atopou no sur do Sudán (desde 2011 esa zona pertence ao Sudán do Sur, despois da partición do Sudán).Nzara, South Sudan
Denominacións previas O virus Sudán foi introducido como unha nova "cepa" do virus Ebola en 1977. En 2000 recibiu o nome de Sudan Ebola virus e en 2002 o nome cambiouse a Sudan ebolavirus. As abreviacións que se usaron previamente para el foron EBOV-S (para Ebola virus Sudan) e máis recentemente SEBOV (para Sudan Ebola virus ou Sudan ebolavirus). O virus recibiu a súa denominación actual en 2010, cando foi renomeado como Sudan virus, coa abreviación oficial SUDV.
Segundo as normas de nomenclatura do ICTV o nome virus Sudán non se escribe en cursiva, pero si o da súa especie (Sudan ebolavirus).
Criterios de inclusión na especie e no virus Un virus do xénero Ebolavirus é membro da especie Sudan ebolavirus se cumpre os seguintes criterios: É endémico do Sudán ou Uganda. Ten un xenoma con tres solapamentos de xenes (VP35/VP40, GP/VP30, VP24/L) Ten unha secuencia xenómica que se diferencia da do virus Ebola en ≥30%, pero que é diferente da do Sudan virus en <30%.
Un virus da especie Sudan ebolavirus é un is un virus Sudan (SUDV) se o seu xenoma diverxe do do prototipo Sudan virus, Sudan virus variante Boniface (SUDV/Bon), en ≤10% a nivel de nucleótidos.
Enfermidade O SUDV é un dos catro ebolavirus que causan a enfermidade do virus Ebola en humanos, tamén chamada febre hemorráxica do Ebola. O virus apareceu en 1976 nun gromo orixinado probablemente nunha fábrica de algodón da zona de Nzara, despois estendeuse por contacto hospitalario e houbo moitos traballadores sanitariows afectados. No pasado o SUDV causou os seguintes gromos de enfermidade do virus Ebola:
+ Gromos de enfermidade do virus Ebola debidos ao virus Sudán (SUDV) Ano Localización xeográfica Casos humanos/mortes (taxa de mortalidade) 1976 Juba, Maridi, Nzara, e Tembura, no Sudán (hoxe no Sudán do Sur) 284/151 (53%) 1979 Nzara, no Sudán (hoxe no Sudán do Sur) 34/22 (65%) 2000–2001 Distritos de Gulu, Mbarara, e Masindi, en Uganda 425/224 (53%) 2004 Condado de Yambio, no Sudán (hoxe no Sudán do Sur) 17/7 (41%) 2011 Distrito de Luweero, en Uganda 1/1 (100%)
Ecoloxía Non se coñece o hóspede reservorio do SUDV, pero crese que poden ser os morcegos, xa que se sabe que os morcegos albergan a outros filovirus relacionados co SUDV.Towner, J. S.; Amman, B. R.; Sealy, T. K.; Carroll, S. A. R.; Comer, J. A.; Kemp, A.; Swanepoel, R.; Paddock, C. D.; Balinandi, S.; Khristova, M. L.; Formenty, P. B.; Albarino, C. G.; Miller, D. M.; Reed, Z. D.; Kayiwa, J. T.; Mills, J. N.; Cannon, D. L.; Greer, P. W.; Byaruhanga, E.; Farnon, E. C.; Atimnedi, P.; Okware, S.; Katongole-Mbidde, E.; Downing, R.; Tappero, J. W.; Zaki, S. R.; Ksiazek, T. G.; Nichol, S. T.; Rollin, P. E. (2009). "Isolation of Genetically Diverse Marburg Viruses from Egyptian Fruit Bats". In Fouchier, Ron A. M. PLoS Pathogens 5 (7): e1000536. doi:10.1371/journal.ppat.1000536. PMC 2713404. PMID 19649327.Leroy, E. M.; Kumulungui, B.; Pourrut, X.; Rouquet, P.; Hassanin, A.; Yaba, P.; Délicat, A.; Paweska, J. T.; Gonzalez, J. P.; Swanepoel, R. (2005). "Fruit bats as reservoirs of Ebola virus". Nature 438 (7068): 575–576. Bibcode:2005Natur.438..575L. doi:10.1038/438575a. PMID 16319873.
Bioloxía molecular O SUDV non está caracterizado molecularmente, pero crese que as súas características poden extrapolarse das do mellor coñecido virus Ebola (EBOV). A súa secuencia xenética, organización xenómica e a conservación de marcos abertos de lectura individuais é similar á dos outros ebolabvirus.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficheiros e discusións da ICTV
Categoría:Virus