Xosé Iglesias LamelaXosé, el poeta del Gran Sol, El País, 7 de xullo de 2014 ., nado en Cee en 1974, é un poeta galego.

Traxectoria Patrón de pesca de altura pola Universidade Laboral da Coruña e capitán de pesca pola Universidade Laboral de Vigo. Traballou como patrón de costa durante varios anos e como patrón de pesca no caladoiro de Rockall, ao noroeste de Escocia. É patrón e armador do buque Primero Villar na Coruña. No 2011 fíxose famoso en YouTube por gravarse mentres botaba ao mar caixas de peixe protestando pola marxinación a Galicia nas cotas de peixe da Unión Europea.

Pertence aos colectivos literarios In Nave Civitas e A Porta Verde do Sétimo Andar.

En 2018 presentou NaciónMar; acuarelas mariñas de pesqueiros da Costa da Morte que se transforman en baleas, para reivindicar o pasado, presente e futuro como unha nación atlántico-mariñeira; proxecto que se converteu en álbum ilustrado.

Estilo O seu estilo de poesía, de fonda temática mariñeira, evoca en numerosos poemas o universo poético de Manuel Antonio. O propio autor describe os seus poemas como "feitos dende o océano".Xosé, el poeta del Gran Sol, El País, 7 de xullo de 2014 .

Obras Ilustracións Nación Mar (2021). Ed. Bululú. 80 páxs. ISBN 978-84-18667-01-5. Nao cetácea (2025). Ed. Canela. 122 páxs. ISBN 9788409695867.

Poesía Transfusión oceánica (2014). A. C. Caldeirón. 96 páxs. ISBN 9788461705795. A relixión do mar (2016). Instituto de Estudos Miñoranos. ISBN 978-84-617-6685-7. En 2020 Editorial Caldeirón, ISBN 978-84-120762-3-3, 128 páxs. Atlántico Norte, chamádeme Ismael (2022). Editorial Caldeirón. 80 páxs. ISBN 978-84-124849-5-3.

Obras colectivas Actas da VI Xornada de Literatura Oral. Historias, mitos e monstros do mar de Galicia (2013). AELG. Un feixe de poesía na porta (2013). A porta verde do sétimo andar. Versus cianuro (2013). A. C. Caldeirón. Historias, mitos e monstruos do mar de Galicia (2013). Alén do silencio (2014). Autoedición. Dez anos na porta (2015). A porta verde do sétimo andar. O desexo (2016). A. C. Caldeirón. Aldeas sen voz (2016). Canela.

Premios

2015: Finalista nos premios da AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) por Transfusión Oceánica. 2017: Finalista nos premios da AELG por A relixión do mar, tamén premiada na IX edición do premio Victoriano Taibo de poesía (Gondomar).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil do autor en Youtube Perfil en As escollas electivas

Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Cee Categoría:Nados en 1974 Categoría:Armadores