San Pedro de Carcacía é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Padrón, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 785 habitantes (360 homes e 425 mulleres). Ten unha extensión aproximada de 1,5 km², e por ela pasa o río Ulla.

O lugar de Bandín pertence eclesiasticamente á parroquia de San Miguel de Barcala (A Estrada).

Foi concello independente entre 1822 e 1834.

Infraestruturas Existen nela ó redor de 20 empresas. Conta cun campo de fútbol, campo de festas, escolas de Infantil e Primaria, unha casa rural, algúns bares e unha praia fluvial. Ten riquezas arquitectónicas, como son a igrexa, os abundantes cruceiros, fontes e muíños. Nela existen varias asociacións de tipo cultural e deportivas, como son o SD Carcacía, Asociación de Mulleres Rurais, a coral da igrexa, a Asociación Cultural San Pedro de Carcacía, e a asociación cultural Carcacía Grupo Activo (CAR.G.A.).

Festas Nesta parroquia celébranse, ademais das festas patronais, o Santo Isidro Labrador, Santo Antonio e a nosa Señora do Rosario.

Lugares e parroquias Lugares de Carcacía

Parroquias de Padrón

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Padrón

Ligazóns externas Páxina web San Pedro de Carcacia

Categoría:Parroquias de Padrón Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro Categoría:Parroquias civís galegas que non coinciden coas eclesiásticas