Santa María de Iria Flavia é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Padrón, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 1.996 habitantes (947 homes e 1.049 mulleres) distribuídos en 29 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.356 habitantes.

Historia

Situada na confluencia dos ríos Sar e Ulla, Iria foi unha cidade portuaria, poboación principal da tribo celta Capori. Os romanos nomearon o porto como Iria Flavia para eloxiar ao emperador romano Vespasiano, primoxénito da dinastía Flavia.

Non máis tarde do ano 561, quizais a partir do 400, Iria foi a sé dun bispado, tamén coñecido en latín como Locus Sancti Iacobi ('lugar de Santiago'), que se converteu en sufragáneo do metropolitano da Arquidiocese de Braga e, máis tarde, compartiu a súa sé con Compostela, que se converteu no principal destino de peregrinación de Iberia (rivalizando con Roma e Xerusalén) ao ser completamente trasladado alí en 1095.

Iria Flavia na literatura e na cultura popular miniatura|Lápida que mostra o lugar onde estivo soterrada Rosalía. Iria Flavia coñécese popularmente co nome de Adina.Gran Enciclopedia Galega, s. v. Adina. Rosalía de Castro referiuse nos seus versos ó cemiterio anexo: O cemiterio da Adina n'hai duda que é encantador cos seus olivos escuros de vellas recordazóns.

Ou Ceboleiras que is e vindes de Adina polos camiños á veira do camposanto pasái leve e paseniño.

e foi enterrada no mesmo á súa morte en 1885, onde permaneceu ata que en 1891 os seus restos foron trasladados ó Panteón de Galegos Ilustres, en Santiago.

miniatura|Adina, os Pombais e o Paraíso nun plano de 1751. Na literatura popular galega Nosa Señora da Adina/ ten oliveiras no adro,/ botan piñas no outono,/ cereixas no mes de maio. Nosa Señora da Adina/ ten un piñeiro no adro,/ bota piñas polo outono,/ cereixas no mes de maio.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Iria Flavia

Parroquias de Padrón

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lugares de Padrón

Categoría:Parroquias de Padrón Categoría:Localidades do Camiño Portugués Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María Categoría:Cidades da Roma antiga en España