James Francis Ivory, nado en Berkeley (California) o 7 de xuño de 1928 é un director de cinema estadounidense. Durante moitos anos traballou co produtor Ismail Merchant e a guionista Ruth Prawer Jhabvala, os tres directores de Merchant Ivory Productions.

Traxectoria Nado en California, pero criado en Oregón, Ivory asistiu á University of Oregon School of Architecture and Allied Arts, onde se graduou en belas artes en 1951. Estudou logo na University of Southern California School of Cinematic Arts, onde dirixiu a súa primeira curtametraxe e escribiu, produciu e fotografou Venice: Theme and Variations, documental de media hora presentado como tese. O filme foi considerado en 1957 por The New York Times como un dos dez mellores filmes non estreados comercialmente.

En 1959, nunha exhibición do seu documental The Sword and the Flute en Nova York coñeceu o produtor Ismail Merchant. Merchant e Ivory foron parella durante máis de corenta anos. A súa relación profesional e sentimental acabou en 2005 co pasamento de Merchant.

En maio de 1961, ambos os dous fundaron a produtora Merchant Ivory Productions. Con ela produciron case corenta filmes, a maioría deles coa novelista Ruth Prawer Jhabvala como guionista.

Filmografía Four in the Morning (1953) (Curtametraxe) Venice: Theme and Variations (1957) (Curtametraxe) The Sword and the Flute (1959) (Curtametraxe) The Householder (1963) The Delhi Way (1964) (Documental) Shakespeare Wallah (1965) The Guru (1969) Bombay Talkie (1970) Adventures of a Brown Man in Search of Civilization (1972) (Documental para a BBC) Savages (1973) Autobiography of a Princess (1975) Festa salvaxe (1975) Hullabaloo Over Georgie and Bonnie's Pictures (1976) Roseland (1977) The Europeans (1979) The Five Forty-Eight (1979/TV) Jane Austen in Manhattan (1980) Quarteto (1981) Heat and Dust (1983) The Bostonians (1984) Unha habitación con vistas (1985) Maurice (1987) Slaves of New York (1989) Mr. and Mrs. Bridge (1990) Howards End (1992) O que queda do día (1993) Jefferson in Paris (1995) Lumière and Company (1995, episodio) Surviving Picasso (1996) A Soldier's Daughter Never Cries (1998) The Golden Bowl (2001) Le Divorce (2003) The White Countess (2005) The City of Your Final Destination (2008)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

IMP Galería James Ivory en Screen Online Briografía en Merchant Ivory Productions Guía en University of Oregon

Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Berkeley Categoría:Nados en 1928 Categoría:Estadounidenses de ascendencia francesa