Aliivibrio finisterrensis sp. nov.Global Catalogue os Microorganisms Aliivibrio finisterrensis é unha nova especie de bacterias gramnegativas da familia VibrionaceaeAll microbes Aliivibrio finisterrensis species , que foi descuberta en diversas partes da costa galega vivindo en ameixas polos investigadores da Universidade de Santiago de Compostela Roxana Beaz-Hidalgo, Alejandra Doce, Sabela Balboa, Juan L. Barja e Jesús L. Romalde.LPSN Aliivibrio O seu nome fai referencia a finisterra (o fin da terra en latín), xa que Galicia na antigüidade romana era considerada o fin do mundo.

Descubrimento Nunha serie de estudos comezados en 2004 e 2005 da flora bacteriana da costa galega, illáronse da ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum) cultivada en Galicia catro cepas de bacterias coas características das vibrionáceas, e moi relacionadas con outras especies do xénero Aliivibrio, pero diferentes delas, polo que se propuxo en 2010 a creación da nova especie A. finisterrensis. As análises de hibridación ADN-ADN coas outras especies do xénero confirmaron que os valores estaban por debaixo do 70%, o que xustificaba a creación da nova especie.Roxana Beaz-Hidalgo, Alejandra Doce, Sabela Balboa, Juan L. Barja and Jesús L. Romalde. Aliivibrio finisterrensis sp. nov., isolated from Manila clam, Ruditapes philippinarum and emended description of the genus Aliivibrio. International Journal of Systematic and Evolutionary Microbiology (2010), 60, 223–228. DOI 10.1099/ijs.0.010710-0. PMID 19648323.

Características A especie ten forma de bacilo de 1,36–2,15 microns de lonxitude e 0,80–1,05 microns de largura, e as células poden aparecer soas, en pares ou en agregados de moitas células. Ten un flaxelo polar e é anaerobia facultativa. Forma colonias arredondadas de marxes lisas. Fermentan a glicosa sen produción de gas e son oxidase e catalase positivas. Algunhas cepas reducen os nitratos. Viven optimamente a concentracións do 1 ao 3% de NaCl e o seu rango de temperaturas vai de 4 a 35 °C. A diferenza doutras vibrionáceas, esta especie non é bioluminescente. Son urease positivas e fermentan a xentiobiosa.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Gallaecimonas, outra bacteria descuberta en Galicia.

Categoría:Vibrionales