A Selección de rugby de Ucraína é o equipo que representa á Ucraína en rugby. Ucraína comezou a xogar internacionalmente ao rugby dende o ano 1991, debutando contra Xeorxia. Nunca conseguiu clasificarse á Copa do Mundo de Rugby. Ucraína participa na European Nations Cup.

Historia Ucraína xogou o seu primeiro partido internacional contra en 1991, perdendo o partido 15-19. Volveron xogar tres días despois, e Xeorxia volveu gañar 6-0. O seguinte ano Ucraína volveu xogar dous partidos contra Xeorxia e volveu perder os dous. O primeiro partido gañado por Ucraína foi no ano 1993 contra a Hungría, no que Ucraína gañou 41-3. Após o partido contra Hungría, gañou os seguintes partidos contra , e . A sorte remata en 1994, perdendo contra .

Ucraína xogou no European Nations Cup 2005-06, que lle podía servir para clasificarse a Copa do Mundo de Rugby 2007 en Francia. Ucraína quedou de última perdendo todos os partidos e descendeu á División 2A. Os tres últimos equipos xogaron unha 4 rolda para ver quen pasaba ao Mundial, Ucraína xogou contra Rusia dúas veces para determinar quen ía pasar. Ucraína perdeu os xogos 11-25 e 37-17.

Resultados internacionais En xeral SelecciónPXPGPPPE% PG Alemaña623133.33% 2200100% Bélxica532060% Croacia431075% Dinamarca321066.67% Eslovenia1100100% España10100% Hungría1100100% Israel1100100% Letonia321066.67% Moldova532060% Países Baixos431075% Polonia871087.5%413025% República Checa725028.57% 60600%70700% Serbia1100100% Suecia2200100% Suíza2200100% 80800%Total813941148.15%

Copa do Mundo de Rugby 1987 - Non existía 1991 - Non existía 1995 - Non entrou 1999 - Non se clasificou 2003 - Non se clasificou 2007 - Non se clasificou 2011 - Non se clasificou

Xogadores destacábeis Andriy Kovalenco Vitaly Orlov

Ucraína