dereita|miniatura|240px|Balcón plateresco da Casa Torre de Pazos Figueroa (s.XVI), en Vigo. dereita|miniatura|240px|Balcón modernista (1907) na casa Mülder en Vigo. dereita|miniatura|240px|Solaina en Allariz,a solaina é unha evolución dun corredor, semellante a un balcón, pero cuberto é máis longo.
Un balcón (do italiano: balcone, estada, estadal; este do xermánico: balcho, trabe; probabelmente cognato da verba persiana بالكانه bālkāneh ou a súa variante máis antiga پالكانه pālkāneh;Dehkhoda Persian Dictionary) é unha abertura feita desde o chan na parede dun cuarto, polo xeral cunha pequena plataforma que sobresae cara a fóra, amparada por unha varanda Adoita estar sostido por columnas ou canzorros, e fechado mediante unha balaustrada.
Como alternativa, pode non sobresair do plano do muro, senón que constitúe unha superficie aberta dun andar alto, cunha balaustrada só na fronte, e paredes nos costados. Usualmente o acceso ao balcón faise mediante unha porta. A diferenza do patín e do corredor, o balcón non ten acceso dende a rúa mediante unha escaleira. A solaina é unha evolución do corredor, sempre cuberta, adornada e moi sólida con cantaría de pedra.
Usos especiais do balcón Algúns balcóns están adaptados para propósitos cerimoniais, por exemplo o da Basílica de San Pedro en Roma, dende onde o Papa dá a súa beizón Urbi et Orbi.Urbi et orbi: (lat) á cidade e ao mundo Nas igrexas, eran usuais os balcóns interiores chamados púlpitos para os rezos. Nos teatros, un balcón era antigamente unha caixa sobre o escenario, mais actualmente o nome dáse unicamente a unha parte do auditorio, sobre o círculo das plateas e baixo a galería. Nalgunhas localidades españolas, como por exemplo, Zaragoza ou Pamplona, é habitual que o pregoeiro das festas lea o seu discurso desde o balcón da Casa do Concello. Cando un deportista ou equipo deportivo dunha localidade gaña un trofeo de prestixio, tamén é tradicional que o celebre coa súa afección de seareiros, desde o balcón da Casa do Concello. O mesmo pasa coa proclamación dos reis, Papas e gobernantes, (conmemoracións, posesións etc) etc. É común nos balcóns colocar bandeiras, tanto oficiais nos edificios públicos, como en vivendas particulares con intencións políticas ou deportivas.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Solaina Corredor Patín Galería Terraza Loggia Varanda Balaustrada
Categoría:Elementos arquitectónicos Categoría:Habitacións