San Martiño de Cores é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Ponteceso na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2018 tiña 526 habitantes (284 homes e 262 mulleres) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 746 habitantes.
Patrimonio A igrexa de San Martiño de Cores é unha construción do século XIII remodelada no século XVIII. A planta é de cruz latina con dúas capelas cubertas por bóvedas de canón, con arcos faixóns. O presbiterio está cuberto por unha bóveda de forno. A fachada é de estilo barroco, cunha porta alintelada, sobre ela unha fornela co santo, un van cadrado e unha torre campanario que destaca sobre a construción. Sobre a bóveda da sancristía descubriuse unha ara romana invertida.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Cores
Parroquias de Ponteceso
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lugares de Ponteceso
Categoría:Parroquias de Ponteceso Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Martiño