Philip Kotler, nado o 27 de maio de 1931 en Chicago, Illinois, é un autor de mercadotecnia, consultor e profesor estadounidense. É o autor de medio cento de libros sobre mercadotecnia, incluídos Principles of Marketing, Kotler on Marketing: How to Create, Win, and Dominate Markets, e Marketing 3.0: From Products to Customers to the Human Spirit. Kotler describe a mercadotecnia estratéxica como "a ligazón entre as necesidades da sociedade e o seu patrón de resposta industrial".
Visión da mercadotecnia Kotler comezou a ensinar mercadotecnia no ano 1962 no Kellogg School of Management, na Universidade Northwestern. Cría que a mercadotecnia era unha parte esencial da economía e vía á demanda influenciada non só polo prezo senón tamén pola publicidade, as promocións, os vendedores, o correo directo, e varias institucións (axentes, distribuidores, grosistas...) operando como canles de distribución.
Kotler sostén:
Categoría:Personalidades dos Estados Unidos de América