O termo teito (do latín tectu) pódese referir a:

Teito, parte superior que cobre unha casa, unha vivenda ou calquera construción ou cavidade semellante, considerada especialmente polo lado interior, por riba dos límites superiores das paredes. Cuberta, elemento construtivo que protexe os edificios na parte superior e, por extensión, estrutura sustentante formada por trabes en pendente. Segundo o material que cobre a estrutura pode ser chamado de tellado (tellas), lousado (lousas) ou colmado (colmo). Vivenda, casa onde se vive, lar, forgar. Colmado, cuberta de palla de centeo ou trigo que se usa nos palleiros e en certas construcións rústicas, colma, colmazo, colmo. Teito, (tamén chamada de teitu en asturleonés) edificación de pedra con cuberta vexetal (colmado ou de xestas) típica do occidente asturiano e leones, semellante á palloza.

Outros significados Teito da boca, parte superior interna da boca, padal. Efecto de teito, efecto provocado por algúns fármacos segundo o cal, a partir dunha determinada dose, os seus efectos terapéuticos non aumentan aínda que se aumente esta, efecto teito. Función teito, función matemática que asigna a cada número real o número enteiro máis achegado que non sexa menor ca el. Teito de voo, altitude máxima que unha aeronave pode acadar nun conxunto de condicións. Cláusula teito, en dereito hipotecario, limitación máxima do tipo de xuro establecida no documento de formalización da hipoteca. de xeito figurado, altura límite máxima que ten ou pode acadar algo ou alguén. Teito do mesencéfalo, Tectum mesencephali, tecto do mesencéfalo.